venres, 8 de febreiro de 2013

CONTOS SOLIDARIOS POLO DÍA DA PAZ CON… ANXO MOURE!

Como xa vos anunciabamos na anterior entrada, o Día Escolar pola Paz tivo moitas actividades, e unha que queremos destacar foi a visita do contacontos Anxo Moure.

_DSC0153

A verdade é que non deixou indiferentes nin a rapaces nin a mestres. Anxo, coa súa especial enerxía, foi quen de unir os catro conceptos que nos propuxeramos traballar: Paz, Ecoloxía, Solidariedade e Lectura.

“É de agradecerlle encarecidamente que trouxera a súa Ciclobiblioteca, xa que o día de forte choiva que tivemos fíxollo tremendamente duro.”

Como xa vos contamos con anterioridade, o tema do noso Proxecto Documental é “As Enerxías Sostibles”, e que medio de transporte máis sostible que unha bicicleta.

Se ademais lle engadimos o traballo que está a desenvolver co seu proxecto “Bicis Pola Paz”… tódalas pezas foron encaixando.

_DSC0137 _DSC0179
_DSC0229 _DSC0222

(Na seguinte galería de imaxes poderedes dar boa conta da tarde tan fermosa que puidemos gozar)

Se queredes saber máis sobre as actividades nas que participa Anxo, non deixedes de visitar a súa Web: www.contosolidarios.org.

Un saúdo de Paz e Solidariedade para todos! Graciñas Anxo!

Lémonos,

LEO

Ningún comentario: