Acabamos de recibir unha información que nos parece moi interesante para que todos gocemos dun Nadal Sostible.
Sogama, ven de publicar un decálogo de propostas: "Manual de Boas Prácticas Navideñas".
![manual_de_boas_practicas_gal-1 manual_de_boas_practicas_gal-1](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiEyZ_XWAsk379VkSIAmYKqtNG5Dp8FfRnGUPtPnSQlS4LQjG2ijKExXag02unBS6VszqgRgifvcGJGGk-sr61PEuZMxcNoQF0qiNoJdl3grtf9RTp1XPrqvS2KOUn1SGRiZgfNcKwGiGst/?imgmax=800) | A cantidade de lixo que xeramos durante o Nadal é tan grande que nos parece axeitadísima esta iniciativa. Picando na imaxe podes descargarlo en PDF. Estivemos tentados de imprimilo, pero pensamos que desta volta é mellor a súa difusión electrónica. Non pensades? Temos que pensar un pouquiño máis nas consecuencias que para o medio ambiente poden ter as nosas accións, e co consumismo desenfrenado que temos nestas datas… E ao mellor, como proposito para o vindeiro ano, facernos máis responsables e sobre todo que o noso día a día se encha de accións sostibles: reutilizar, apagar luces innecesarias, vixiar os stand by, aproveitar ao máximo os recursos… A mellor Enerxía Renovable é a que non precisamos empregar! Pero cando sexa necesario, facéndoo con sentidiño, preservaremos a gran riqueza da nosa terra. Un saudiño, lémonos, LEO |
Ningún comentario:
Publicar un comentario