xoves, 13 de xaneiro de 2011

NOVOS RECANTOS!

Como xa sabedes no cole estamos a realizar un PDI sobre a auga. Por este motivo, pedín aos Reis Magos que este ano me trouxeran un novo recanto para ter tódolos documentos ao voso alcance.

Como por arte de maxia (tratándose dos tres Reis Magos non podía ser doutra forma) apareceron novos andeis que pouco a pouco fun enchendo e velaí o resultado!

_DSC5775 _DSC5777 _DSC5788  _DSC5807 _DSC5809

_DSC5799

Pensei en chamalo “Recanto temático” así en cada Proxecto Documental que realicemos encherase de novos documentos. Achegádevos a velo, non ten perda, está na parte central da biblioteca xa que todo o cole xira en torno a ela!

Oh! Acabo de atopar un paquete… ummm… será un novo recanto? Estade atentos ás novidades!

Lémonos. LEO

Ningún comentario :