martes, 27 de decembro de 2011

COMPARTIMOS O PREMIO: UN AGASALLO PARA OS NOSOS USUARIOS! (1º PARTE)

Non creo que quede ninguén na Lama que non oíra que os nenos do CEIP A Lama foron agasallados cunha entrada ao cine por parte da Biblioteca, xa que o premio tamén é deles!

A curtametraxe que vimos foi “Arthur Christmas: operación regalo” en 3D! Toda unha experiencia para todos, dende os máis cativos do cole ata incluso para algún mestre!

E por fin… cando crían que estaba a punto de empezar… gafas para ver a “peli”????

DSC_0267_DSC3223_DSC3225_DSC3233_DSC3235_DSC3237DSC_0265DSC_0266DSC_0268DSC_0263

 

E como case sempre pasa no cine… cruzaronse miradiñas!

Blanco y negro

Que ben o pasamos rapaces!

Unha navideña e fortisima aperta!

Lémonos. LEO.

mércores, 14 de decembro de 2011

É MÉRCORES… NOVOS CADERNOS DE BITÁCORA!

Coma tódolos mércores chegan as Mochilas Viaxeiras á Biblioteca logo de viaxar polas vosas casa e dentro os Cadernos de Bitácora!

Lémonos. LEO

luns, 12 de decembro de 2011

A HORA DE LER… TAMÉN COA FAMILIA!

Tódolos días, ás 12:50, soa o timbre para dar comezo aos 20 minutos de lectura, é dicir, á Hora de ler!

Hoxe quero amosarvos unha nova iniciativa que están a realizar en 1º ciclo de Educación Primaria. Unha proposta para dinamizar este momento lector, entre moitas outras que se están a facer no cole.

Coa colaboración das familias, de cando en vez, os nenos de 1º e 2º gozan escoitando a un “papi” ou “mami” lendo para eles.

_DSC3167

Quedan abraiados vendo como algo que semellaba ser só “unha cousa do cole” é algo máis que iso, e que… preparar unha lectura en familia é unha experiencia inesquecible para eles, unha experiencia única que non deixaremos de repetir!

_DSC3163

_DSC3165_DSC3171

 

 

 

 

 

 

 

 

Pronto virá outra familia a compartir con nós… a Hora de Ler!

Lémonos. LEO.

venres, 2 de decembro de 2011

QUE BOA NOVA!!!

LEO3D3Ola a todos! Que boa nova recibimos onte!

Foi un día tan especial que non tivemos tempo de escribir nada, e iso non pode ser.

Non sei se as miñas palabras serán suficientes para expresar todo o que sentimos no noso colexio.

Onte, ben cedo, recibimos a chamada do Ministerio de Educación, para comunicarnos que nos concederan o 1º PREMIO do “CONCURSO NACIONAL DE BUENAS PRÁCTICAS PARA LA DINAMIZACIÓN E INNOVACIÓN DE LAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2011”.

Como xa imaxinaredes, o berros, abrazos, brincos, bicos… non faltaron.

Aínda que levamos moi pouco tempo traballando polas bibliotecas, puxemos todo o noso cariño, coñecemento, ilusión, empeño… en dar á nosa Comunidade Educativa o mellor que levabamos dentro.

Este premio supón, non só un recoñecemento a un traballo, se non un pulo moi importante a un proxecto co que alguéns se ilusionaron, que o mimaron e viron medrar.

É o momento de lembrar a todos aqueles que dun xeito ou doutro nos apoiaron: compañeiros, asesores, comunidade educativa, administración… e aos máis importantes: os nosos nenos, que co seu traballo fixeron posible chegar ao punto onde nos atopamos.

Os nosos parabéns aos demais coles galardoados. As bibliotecas galegas son un referente. Diso non cabe dúbida.

Hoxe só queriamos contar esta boa nova. En canto baixemos da nube teremos que festexalo dalgún xeito con todos vós.

GRACIÑAS A TODOS! GRACIÑAS ESPECIAIS AOS NENOS!

Un saúdo, unha aperta, un bico…

Lémonos,

LEO

sábado, 26 de novembro de 2011

PDI “O BOSQUE”: ECOESPAZO DE O REXO

Non pensariades que me esquecín desta saída que realizamos na fase de motivación do noso PDI.

Fai xa algo máis dun mes que fomos a Allariz a visitar, entre outras cousas, o Ecoespazo de O Rexo, un lugar que nos deixou abraiados, non só por todo o que alí aprendemos senón pola marabilla de animadores que nos amosaron todas as instalacións, responderon as nosas preguntas e adicáronnos gran atención.

Se estades a pensar en achegarvos por alí, nós asegurámosvos que paga a pena. Se acaso tedes algunha dúbida mirade este vídeo.

Unha boa forma de animarvos para investigar sobre o noso PDI!

Lémonos. LEO.

venres, 25 de novembro de 2011

BIBLIOTECAS ESCOLARES EN TRÁNSITO

Ola nenos:

A finais do curso pasado recibimos a petición da Consellería de Educación, a través da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de que participáramos na rodaxe dun vídeo sobre as Bibliotecas Escolares, con outros 30 centros galegos.

O vídeo estreouse no congreso “Bibliotecas Escolares en Tránsito” celebrado en Santiago os 10, 11 e 12 de novembro, diante de 500 persoas, representantes de todas as comunidades autónomas españolas.

 

Biibliotecas Escolares en Tránsito [GAL] from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

Agardamos que vos gustara, tanto como a min.

Unha aperta moi grande a todos. Lémonos,

LEO

xoves, 24 de novembro de 2011

PDI “O BOSQUE”: EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA

Con gran ledicia achégovos algunhas fotos da nosa exposición ao redor do PDI “O bosque”.

Xa a puidestes ver durante a fase de motivación e agora comezaron a súa andaina en empréstito polas aulas e polas vosas casas, pero aínda tedes moitos na biblioteca.

DSC_0194

DSC_0199DSC_0219

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Unha seleción de documentos que vos portarán gran información para logo transformar en coñecementos durante estes meses de investigación!

DSC_0226

_DSC_0220DSC_0197

DSC_0201

DSC_0203DSC_0223

Lémonos… ao redor dos bosques!

LEO

mércores, 23 de novembro de 2011

martes, 22 de novembro de 2011

QUE É UNHA BIBLIOTECA PARA TI? (5º PARTE)

Hoxe imos ver o que fixeron os nenos de 5 anos polo Día das Bibliotecas Escolares.

Logo de aprender na biblioteca que é a banda deseñada, realizaron un cómic que nos presentaron en formato de vídeo, mesmo gravaron os textos que eles compuxeron no noso Laboratorio da Comunicación!

Un traballo que remataron coa elaboración dun mural no que deixaron plasmados tódolos seus bocadillos.

_DSC3103

Moi ben rapaces!

Unha aperta. Lémonos. LEO

domingo, 20 de novembro de 2011

OUTRA DE PIXAR!

Xa non é a primeira vez que vos deixo este tipo de agasallo, e que… son ben divertidos!

Unha historia sen palabras, con música e unha animación de gran calidade; son os ingredientes que fan desta curtametraxe unha forma ben distinta de “ler”.

Pixar, como moitas outras veces, volve a sorprendernos!

Boa fin de semana!

Lémonos. LEO

mércores, 16 de novembro de 2011

QUE É UNHA BIBLIOTECA PARA TI? (4º PARTE)

E tamén os nenos de 4º de primaria fixeron un cómic para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares.

Ademais fixeron uns debuxos moi “chulos” dos espazos que temos en ela!

 

Moitas cousas temos ao redor do Día das Bibliotecas Escolares.

Lémonos. LEO

HOXE É MÉRCORES… TOCA A MOCHILA VIAXEIRA!

Déixovos os Cadernos de Bitácora que están nas mochilas dos nosos nenos.

Lémonos. LEO.

martes, 15 de novembro de 2011

QUE É UNHA BIBLIOTECA PARA TI? (3º PARTE)

Xa me tardaba deixarvos algúns traballiños máis que xurdiron por mor do Día das Bibliotecas Escolares.

Hoxe déixovos o cómic dos máis pequechos; os nenos de 4º de Infantil, que con moito “chollo” elaboraron esta xoia de libro!

Aínda que son pequenos… moito saben!
 
 
Esperade, que teño algo máis para vós!
 
É a banda deseñada dos nenos de 5º de Infantil que amosan unha historia fantástica que acontece na nosa biblioteca: É que un día… desapareceron tódolos libros! Onde foron? Mellor que volo conten eles mesmos!
 
Que ben feito, rapaces!

Unha aperta. LEO

domingo, 13 de novembro de 2011

QUE É UNHA BIBLIOTECA PARA TI? (2º PARTE)

Como era algo difícil meter nesta pantalla (polo seu tamaño) os cómics elaborados por 6º e 3º de Primaria, poderédelos ver nestas fotografías tomadas durante a presentación.

_DSC2672

_DSC2737

Non esquezades que todos estes contos se atopan na nosa biblioteca para que os podades ler!

Lémonos. LEO

mércores, 9 de novembro de 2011

QUE É UNHA BIBLIOTECA PARA TI? (1º PARTE)

Polo 24 de outubro festexamos o Día das Bibliotecas Escolares, como non, na nosa biblioteca!

Ademais de outras actividades, como a xa coñecida “Decobiblio”, propuxen aos nenos que pensaran en forma de banda deseñada “Que é unha biblioteca para ti?”

Desta sinxela pregunta saíron abraiantes traballos que me deixaron sen palabras, e mirade que iso é difícil con tódolos libros que eu teño lido!

Non falo de broma… foron alucinantes as vosas creacións!

Aquí vos deixo os cómics dos nenos de 1º ciclo e pouco a pouco iredes vendo máis.

Espero que o gocedes tanto como o gozamos nós aquel día!

 
 

Un saúdo, lémonos.

LEO

martes, 8 de novembro de 2011

PDI “O BOSQUE”: FESTIVAL INTERNACIONAL DE XARDÍNS DE ALLARIZ

Como xa vos dixen nunha entrada anterior os nenos de infantil, 1º ciclo de primaria e máis eu, fomos a Allariz, agora vou seguir contándovos parte da nosa viaxe.

Non poderemos esquecer facilmente a visita ao Festival Internacional de Xardíns de Allariz, aberto dende maio e que pechará as súas portas este mes.

banfestival2011(1)

Como esperabamos fixeron as delicias de grandes e maiores envolvéndonos coas súas cores, texturas, son…

DSC_0437

Os oito xardíns efémeros, que este ano compoñen a 1ª edición do festival, foron deseñados polo gabinete de arquitectura paisaxista dirixido polo prestixioso profesor Francisco Caldeira Cabral. A beleza dos deseños vai acompañada de propostas orixinais que provocarán a sorpresa e a admiración facendo difícil a escolla, mediante votación, do xardín máis valorado. Pero nós tras moito dubidar tamén deixamos o noso voto, e agora… a ver quen gaña!

DSC_0395

DSC_0396

Grandes bechos que nos fixeron sentir moi, moi pequerrechos… aínda que eu o que esperaba ver era algún ratiño…

A que si saiu a saudarnos antes de marchar foi esta diminuta ra; toda unha sorpresa!

_DSC2359

Menuda tarde que pasamos!

Lémonos. LEO

mércores, 2 de novembro de 2011

NOVOS CADERNOS DE BITÁCORA

Ufff… que frío! Menos mal que grazas ás Mochilas Viaxeiras podemos pasar divertidas tardes de inverno en familia.

Aquí vos deixo os vosos traballos!

Un saudiño para todos!

Lémonos. LEO

martes, 1 de novembro de 2011

PDI “O BOSQUE”: CON AGUSTÍN IBARROLA!

Levamos case un mes traballando no novo PDI deste ano: “O bosque”, e coma sempre comezamos pola fase de motivación.

Cos nenos de infantil e 1º ciclo de primaria realizamos unha saída a Allariz, xa que había moitas cousas que nos interesaban. Tantas cousas eran, que non son capaz de meter todo nesta entrada, polo que iredes vendo pouco a pouco a nosa viaxe.

Hoxe quero comezar mostrándovos un espazo único en Galicia, obra do artista Agustín Ibarrola, sobre o que os cativos de infantil queren investigar no seu PDI pola súa relación co bosque e a arte.

Mirade o lugar que descubrimos ao carón do Ecoespazo do Rexo que fomos a visitar. Resultou incrible para todos, xa que atopar un bosque pintado non deixa indiferente a ninguén.

_DSC2274

Foi moi acertado que as “profas” de infantil atoparan este lugar xa que van a traballar “Bosques de conto, contos de bosques”, e claro, un bosque pintado é como un bosque de conto!

Agora temos moitíííííísima información e coñecementos novos para logo descubrir máis de preto a este gran artista que formará parte de noso PDI.

Ummmm… que morriña me da ver estas fotos, co ben que o pasamos non me chega a hora de voltar!

Lémonos. LEO

xoves, 27 de outubro de 2011

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES (1ª parte)

Ola a todos:

Que ledo estou cos traballos do Día das Bibliotecas!

Onte pola tarde tivemos unha xornada festiva na Biblio, na que puidemos gozar co elaborado durante toda a semana nas distintas aulas. As actividades desenvolvidas foron “Decobiblio” e “Que é unha biblioteca para ti?”. Da segunda xa vos darei boa conta en vindeiras entradas.

Aquí vos deixo un vídeo co resultado das intervencións levadas a cabo nos Recantos da Biblioteca das aulas.

CEIP A LAMA | Día das Bibliotecas Escolares | DECOBIBLIO

Un saudiño e lémonos,

Leo

luns, 24 de outubro de 2011

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola a todos:

Hoxe estamos de festa porque é o “Día das Bibliotecas Escolares”.

Para conmemorar esta data daremos remate pola tarde a dúas actividades que comezaron a semana pasada: “Decobiblio” e “Que é unha Biblioteca para ti?.

Non queremos adiantar nada. Dos traballos vos daremos boa conta logo. Polo que me dixeron, haiche cousas moi interesantes por aí! Andade atentos!

Velaí vai o cartaz que encargou a Asesoría de Bibliotecas. A autora do deste ano é Emma Ríos:

cartel2011_peq3

Un saúdo e feliz día!

Lémonos,

LEO

martes, 18 de outubro de 2011

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA DO CEIP MANUEL CORDO BOULLOSA DE PONTE CALDELAS

A semana pasada recibimos unha invitación moi especial. Sempre se alegra un cando se inaugura unha nova Biblioteca.

Os profes do CEIP “Manuel Cordo Boullosa” de Ponte Caldelas veñen de rematar a adecuación dun novo espazo para a Biblio do cole.

Como non podía ir mandei aos profes Cris e Rafa, xunto con Marta a directora, para que me representaran e me contaran todo o que alí viron.

Déixovos unhas fotos para que vexades o chula que está.

_DSC1956_DSC1957_DSC1958_DSC1959_DSC1960

Como son moi traballadores aproveitaron a ocasión para reunírense cos responsables das Bibliotecas do CEIP “A Reigosa” de Ponte Caldelas, do CEIP “Doutor Suárez” de Fornelos de Montes e o CEIP “Manuel Cordo Boullosa” de Ponte Caldelas. Entre todos acordaron comezar unhas reunións de colaboración entre as distintas Bibliotecas. Xa teñen data para a primeira, que será aquí na Lama o 27 de outubro.

_DSC1961

Parbéns á comunidade educativa de Ponte Caldelas polo bo traballo feito.

Un saúdiño e lémonos

LEO