martes, 19 de outubro de 2010

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O vindeiro 24 de outubro conmemoraremos o Día das Bibliotecas Escolares.

Dende a “Biblio do cole” queremos promover estas dúas actividades: “Decobiblio” e “Que é unha biblioteca para ti?”

Na primeira participará o alumnado de Infantil e Primeiro Ciclo, e consistirá na preparación especial dos recantos das clases dedicados á sección de aula da Biblioteca. Cada clase traballará na decoración, ambientación, coidado… deste espazo. Xa se están a ver cousas moi fermosas.

A segunda, pensada para 2º e 3º ciclo, é unha actividade de creación literaria na que poderán presentar contos, ilustracións, poesías, adiviñas… nas que nos amosen a súa visión do que é (ou debe ser) unha Biblioteca.

Xa vos contaremos máis cousas estes días.

Tamén vos deixo aquí o cartel que enviou a Asesoría de Bibliotecas escolares para o fomento das súas posibilidades.

A autora é Marina Seoane.

cartel_def_10 

Un saudiño, lémonos,

LEO

2 comentarios :

Anónimo dixo...

YUUUUUUUUPIIIIIIIIII!!!!! Os de 4º quedamos de segundos no concurso de
"¿que e unha biblioteca para ti? Os que ganaron foron os de 5º,pero mereciano,o seu traballo era PRECIOOOOOOOOOOOOOSO!!!

Anónimo dixo...

me gusto mucho el trabajo de 5 se merecian ganar era mui bonito tamen me gustaron os demais traballos teriamos que ter un premio todos