E como o prometido é débeda, velaí vai a terceira entrega das fotos do Entroido.
Espero que vos gustaran os disfraces.
Lémonos,
LEO
E como o prometido é débeda, velaí vai a terceira entrega das fotos do Entroido.
Espero que vos gustaran os disfraces.
Lémonos,
LEO
Como xa sabedes o pasado día 8 de marzo conmemorouse a nivel internacional o Día da Muller Traballadora, e como se nos xuntou cos días do Entroido ,decidimos trasladar a súa celebración para o pasado venres.
Ademais de estar a falar e tratar o tema nas aulas, na Biblioteca tamén quixemos facer algo especial.
Pola tarde xuntámonos todos a escoitar e aprender da man da figura feminina máis entrañable de tódalas familias: as avoas.
Invitamos á nai dunha mestra do cole, amosounos como o paso do tempo foi cambiando a sociedade na que vivimos e a visión da mesma sobre a muller.
Cada palabra estaba chea de recordos e anédotas que aos oídos dos nenos semellábanse contos imposibles, que a algún lle fixo soñar…
Mesmo trouxo fotografías daqueles tempos onde puidemos ver como se traballaba daquela e… como aínda hoxe segue a traballar!
Os nenos prepararon preguntas nas aulas que logo tiveron resposta coa avoa Inés.
Unha experiencia que quixo dar a importancia que se merece á muller dentro da sociedade, e sobre todo o respecto e a valoración aos nosos maiores. Unha actividade chea de valores e contidos, non só para os nenos, se non para tódala comunidade educativa.
Mirade cantos netos lle saíron… que non, son os alumnos de 2º , que non dubidaron en facerse unha foto coa nai da profe Andrea!
Moitas grazas avoa Inés, moitas grazas polo teu tempo e a túa entrega!
Lémonos. LEO.
Como o prometido é débeda, aquí tendes a segunda entrega de imaxes do Entroido. Como son moitas pensamos que sería mellor repartilas en dúas.
Pola mañá todos os que quixeron puideron traer doces tradicionais elaborados na casa. Os máis lambóns puxéronse as botas durante a sobremesa, pero non hai quen diga que as filloas de Lourdes e Lela (as nosas cociñeiras) non están entre as súas favoritas.
Esperamos que vos gusten (as fotos, que dos doces xa non deixamos rastro).
Un saúdo, lémonos,
LEO
As últimas mochilas viaxeiras trouxeron estes fantásticos cadernos de bitácora; votádelle un ollo!
Familia Peón Ponte (4ºInfantil)
Familia Doallo Alonso (5ºInfantil)
Familia Francisco Cal (6ºInfantil)
Familia Cal Amorín (1º Primaria)
Familia Vidal Durán (3º Primaria)
Familia Pérez Amorín (4º Primaria)
Familia Mendez Rodríguez (5º Primaria)
Familia Fahlbusch (6º Primaria)
Non me saen as contas… faltan traballiños dalgunhas familias… ummm… non vos despistedes e animádevos!
Deica pronto!
Lémonos. LEO
O pasado venres festexamos o Entroido no cole.
Os disfraces da mañá tiveron como tema común A Auga, xa que é o que estamos a traballar no PDI e no Proxecto Voz Natura.
É por isto que poderedes ver “nubes”, “lóstregos”, “arcos da vella” e “folerpas”. Velaí vai un adianto das fotos.
Andade atentos para a seguinte entrega: “Doces tradicionais e baile da tarde”.
Un saudiño. Lémonos,
LEO
A maxia tamén ten cabida na nosa Biblioteca, e onte quedou demostrado coa actividade Abrapalabra, o espectáculo no que o ilusionista Carlos Coira mostrou os seus trucos aos rapaces, para facelos gozar coa maxia das palabras.
Menuda sorpresa que levaron algúns…
Esta actividade forma parte dunha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística coa que se busca promover o uso e a lectura na lingua galega entre os nenos de 3 a 18 anos. Achegáronse a ela a través de monicreques, globos máxicos, música, palabras, abanos, caixas tolas, contos encantados…
Ademais de gozar de case unha hora de diversión, todos levamos de agasallo un conto, que coma non podía ser doutra forma, era máxico, xa que… cantos libros coñecedes que se manteñan sós de pé?
Dende logo, este é un lúdico xeito de gozar das palabras e… aprender os mellores trucos de maxia!
Ao final quedamos todos coa “Bocaberta”.
Aínda que non foi o único…
Deica pronto!
Lémonos. LEO
Os cativos do cole, os nenos de infantil, están a traballar arreo no seu PDI ao que titulan: “Os estados da auga a través dos sentidos, os sentidos a través dos estados da auga”.
Entre tódalas actividades que están a facer, os mércores levan a cabo unha proposta que está a gustar moito: “Experimentamos coa auga”, da man de Gotiña, unha nova amiga que lles está ensinando moitas cousas.
Todo arranca na biblioteca, vendo unha presentación que prepara Gotiña. Comezaron polo estado sólido, e estamos de sorte, porque deixáronme para todos vós a presentación que eles xa viron. Preme sobre ela para descargala.
Como ben di Gotiña, logo foron experimentar ca auga en estado sólido:
Xeo de diferentes cores e formas:
1º. Precisamos xarras con auga en estado líquido
2º. Engadímoslle tintes alimenticios, e coma por arte de maxia, a auga deixou de ser incolora!
3º. So quedaba vertela en diferentes formas
4º. E sabedes… ao misturar os tintes primarios conseguimos novas cores!
Rico xeo con sorpresa doce:
1º Descubrimos novas formas para facer xeo.
2º Cada un de nós preparou a súa larpeirada xeada
3º Ao engadirlle a auga so quedaba metelo ao conxelador e esperar… a que a baixa temperatura fixera o resto!
Toda unha inolvidable experiencia que nos deixou abraiados, non hai máis que ver as súas caras!
Agora só cabe esperar ao próximo mércores para saber como quedou o xeo e seguir a experimentar cos estados da auga.
Dende logo eu non vou faltar!
Lémonos. LEO
Rapaces, aquí vós deixo os vosos cadernos de bitácora de esta última semana.
Familia Martínez Mayo (4º Infantil)
Familia Peón Barreiro (5º Infantil)
Familia Cioni (5º Infantil)
Familia López Garrido (1º Primaria)
Familia Casal Ramallo (4º Primaria)
Ata a próxima!
Lémonos. LEO