Vos deixamos o programa realizado polo alumnado de 5º e 6º de primaria para presentar o seu PDI “Protexe o patrimonio etnográfico” onde nos falan das festas populares e a tradición das Ermitas e do Pelete.
Agardamos que vos guste.
Lémonos,
LEO
Vos deixamos o programa realizado polo alumnado de 5º e 6º de primaria para presentar o seu PDI “Protexe o patrimonio etnográfico” onde nos falan das festas populares e a tradición das Ermitas e do Pelete.
Agardamos que vos guste.
Lémonos,
LEO
Vos presentamos as primeiras creacións que resultaron do PDI “Protexe o patrimonio etnográfico”.
Nesta ocasión unha curta de ficción sobre a Ruta do Arrieiros.
O alumnado de 3º e 4º de primaria adaptan o cómic "Pepiño o Arrieiro" de Pablo Rodríguez Oitabén. Agardamos que vos guste.
Lémonos,
LEO
O CEIP A Lama vén de ser recoñecido co Premio Pontevedra de Voz Natura. A entrega do galardón efectuarase durante a Festa Voz Natura que terá lugar o vindeiro sábado, 2 de xuño, en Culleredo.
Aquí vos deixamos a reseña de hoxe da Voz de Galicia.
Parabéns a tódolos premiados, lémonos,
LEO
Como ben sabedes estamos embarcados nun novo proxecto: Radio na Biblio!
Xa fai un tempo foi a quenda do profesorado para formarse. Nesta ocasión da man de Javier Prado que ademáis nos acompañará noutra xornada neste mes con obradoiros para os rapaces.
Novos espazos educativos, dinámicas para as aulas, posibilidades de creación literaria, animación á lectura, prácticas cos medios de comunicación... un mundo de posibilidades nas que xa estamos inmersos.
Lémonos,
LEO.
O pasado 27 de febreiro tivemos unha saída moi especial, que enmarcamos dentro das actividades de formación do Proxecto Radio na Biblio.
Aproveitando a gravación do programa Ecopreguntoiro puidemos gozar das explicacións da locutora Esther López, de Radio Voz.
VISITAMOS RADIO VOZ from Leo de A Lama on Vimeo.
Con ela recorremos as instalacións da redacción da Voz de Galicia en Vigo e visitamos os estudos.
Vos deixamos un avance neste vídeo. Máis adiante vos colgaremos na nova canle en ivoox o podcast da entrevista que lle fixeron.
Un saúdo, lémonos,
LEO
A figura do voluntario amósase imprescindible no día a día da nosa biblioteca.
O alumnado de 5º e 6º que se quere comprometer co “Recanto” fórmase para este cometido, poñéndose ao seu servizo.
Axudan a mantela en orde, na procura de documentos a outros usuarios, no empréstito e na devolución, no coidado dos espazos, na animación á lectura, achegamento dos novos recursos como a robótica...
Desenvolven unha función de incalculable valor, xa que sen eles non sería posible facer moitas das cousas das que gozan tódolos usuarios da escola.
Por estes motivos, sempre quixemos premiar o seu esforzo e dende hai tempo apuntabamos a súa asistencia, implicación... para logo ter pequenas recompensas polo seu traballo: ser os primeiros en usar os libros electrónicos, coñecer a escritores e ilustradores, saídas especiais ou pequenos agasallos sorpresa!
Este ano o sistema que empregamos para controlar a súa asistencia é novidoso e está a dar moi bos resultados. Trátase dunha aplicación gratuíta chamada ClassDojo. Nela o alumnado pode compartir experiencias, creamos unha cultura positiva, damos voz aos membros... e mesmo creamos o noso “avatar” personalizado.
Entre todos definimos que queríamos valorar positivamente: “axudar a outros usuarios”, “asistencia a formación de voluntarios”, “aportar unha gran idea”, “moi boa actitude”, “traballar duro aínda que non toque e traballar en equipo”. Tamén rexistramos cando necesitamos mellorar en algún aspecto como: “hoxe esqueciches o teu compromiso” ou “a túa actitude ten que mellorar”.
Temos outras ferramentas que nos achega ClassDojo ás que lle sacamos moito proveito como: o armador de grupos, temporizador de tarefas, creación de espazos de debate...
Grazas rapaces polo voso esforzo.
Lémonos,
LEO
Aquí vos deixamos o primeiro vídeo do desenvolvemento do proxecto Radio na Biblio.
RADIO NA BIBLIO from Leo de A Lama on Vimeo.
Trátase da presentación dos materiais técnicos, a súa montaxe e primeiras probas.
Un saúdo, lémonos,
LEO
O proxecto “Radio na Biblio” chega á escola da Lama. Trátase dunha convocatoria no contexto do Plan Lía, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
A andaina comezarémola 20 centros (dun total de 167 solicitantes) que resultamos escollidos en función das memorias polo traballo desenvolvido na Biblioteca Escolar durante o curso 2016/2017.
Este proxecto traerá novos recursos económicos e formativos á nosa escola para poder seguir afondando nun Proxecto Educativo en constante renovación e ampliación, comezado no curso 2009/2010 coa entrada no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares de Galicia.
Xa vos iremos contando os resultados, un saudiño, lémonos,
LEO
Radio Nova, publica na súa Web unha nova sobre o Rastro Solidario que organizamos para axudar aos afectados polos incendios de outubro en Ponte Caldelas. Aí vai o enlace
https://www.facebook.com/radionova.gal/posts/1492213717522100
No día de hoxe inaugurouse na escola unha exposición sobre árbores senlleiras que estará con nós ate o día 1 de decembro.
Ademais do paneis explicativos poderedes ver as especies arboreas que se atopan polos corredores da escola.
A Deputación tróuxonos esta exposición que conta ademais cuns dosieres informativos para poder localizar estas árbores por toda a provincia.
Un saudíño, lémonos,
LEO
Esta fin de semana tiveron lugar as entregas de premios do Festival Audiovisual Olloboi e o concurso de Espantallos organizado pola Asociación Cultural Río Barbeira.
| O venres en Boiro, os rapaces da Lama quedaron finalistas coa curta “Roubo no galiñeiro”. | |
Na nosa categoría, resultaron gañadores os compañeiros do CEIP Carballal, de Marín. Parabéns polo seu traballo e merecido premio.
Por outra banda, o sábado coñecéronse os galardoados no concurso de espantallos que un ano máis volveu a organizar a Asociación Cultural Río Barbeira.
A Comunidade Educativa saíu premiada, neste caso a través da ANPA, que gañaron na modalidade en que participaban, e co espantallo elaborado polo alumnado de 5ºe 6º, que quedaron 2º na categoría de centros educativos.
Parabéns a todos polos resultados.
Un saudiño, lémonos,
LEO
Presentámosvos unha das últimas creacións dos alumnos do CEIP A Lama: a curta realizada polos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria, como colofón do PDI “Especies en equilibrio”.
ROUBO NO GALIÑEIRO from CEIP A LAMA on Vimeo.
Trátase dunha adaptación audiovisual do álbum ilustrado “Ladrón de Gallinas” de Beatrice Rodriguez.
Este traballo foi seleccionado finalista no festival audiovisual galego “Olloboi”. O próximo venres, 9 de xuño entrega de premios en Boiro.
Parabéns a todos, e aos demais participantes. Lémonos,
LEO
Aí vos deixo dous vídeos elaborados polo alumnado de 5º e 6º coa mestra de inglés Araceli García, cos que se unen á moda do Mannequin Challenge.
Mannequin Challenge 5th grade. from Araceli García Fuentes on Vimeo.
Mannequin Challenge, 6th grade. from Araceli García Fuentes on Vimeo.
Xa estamos a preparar outras sorpresiñas, agardamos que vos gusten.
Un saudiño, lémonos,
LEO
Continuamos coa experiencia dos Escornabots.
ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA from CEIP A LAMA on Vimeo.
Explorando as posibilidades de interacción. O voluntariado de 6º de primaria comezou a súa experimentación para poder trasladar logo a información aos usuarios da biblioteca.