Rapaces estade ben atentos xa que hai Mochilas Viaxeiras que cambian os seus documentos!
Lémonos. LEO
Rapaces estade ben atentos xa que hai Mochilas Viaxeiras que cambian os seus documentos!
Lémonos. LEO
Non sei se vos lembrades que tempo atrás, por mor do Día das Bibliotecas Escolares, os nosos cativos convertéronse en escritores de poesías. As súas creacións xa van chegando pouco a pouco ao equipo de redacción deste blogue.
Hoxe, os nenos de 6º de Infantil serán os protagonistas, xa que se converteron en trobadores por un día. Tiñan que explicarnos “Que é unha biblioteca para ti?” e... tras a tea estaban eles recitando os seus versos!
| Que é unha biblioteca? | E se as nosas obras queres coñecer
Alumnos de 6º de infantil |
Non vos preocupedes que o temos todo gravado en video… pronto o veredes!
Lémonos. LEO.
Continuando coa dinamización da Hora de Ler, os alumnos de 1º ciclo seguen recibindo a visita dos seus pais.
Nesta ocasión, Miguel veu contarlles un conto moi especial. O seu fillo Saidou naceu en África, nun país que se chama Burkina Faso, por iso podemos ver na cartolina o mapa que elaboraron para que nos puideramos situar.
O relato popular que nos trouxo titúlase “O Guepardo, o Mono e o Camaleón”.
Saidou, logo de buscar contos sobre África na nosa biblioteca, decantouse por escribir el un conto co que entreter aos seus compañeiros.
Agardamos que esta iniciativa siga tendo boa acollida entre as familias.
Un saúdo, lémonos,
LEO
Non podemos deixar pasar unha semana sen vos amosar os traballos da Mochila Viaxeira!
Lémonos. LEO
Cando celebramos no cole o Día das Bibliotecas Escolares, entre outras actividades, quixemos ter unha sorpresa para cos nosos cativos.
O poeta Carlos Fontes veu pasar con nós a tarde e compartir unhas lecturas dos seus libros: Poemas con piruleta e Versos en flor.
Había moitas preguntas que facerlle: “Cando comezou a escribir?”, “Por que escribe poesía e non outro xénero?”, “Cal é a súa poesía favorita?”...
Carlos, con moita paciencia, foi contestándonos a todos e entre pregunta e pregunta, líanos algunha das súas poesías ou lle líamos algunha das nosas composicións.
Despois dun encontro así… as voluntarias agasallaron ao invitado cun bolígrafo, non vaia ser que non teña con que seguir escribindo!!!
As súas dedicatorias andan agora de clase en clase...
“E como tiña que ser,
falando de poesía,
pasamos nós o día,
e quedamos en nos ler…”
LEO
Unha das actividades que preparamos para o Día das Bibliotecas Escolares foi: Que é unha biblioteca para ti?
Este ano, a través da poesía, os nosos pícaros tiveron que contarnos que entendían eles por biblioteca. Os de 3 anos deixáronnos este vídeo do seu traballo basado na canción de Pablo Díaz “O Libro”, publicada por Kalandraka no libro – disco TIC TAC.
Agardo que vos guste moito.
Lémonos,
LEO
Esta claro eso de… “Se ti les, eles len”, por iso no cole ás veces sumamos a nosa Hora de Ler ás familias.
Nesta ocasión os nenos do 1º ciclo de primaria escoitaron moi atentos á convidada que chegou da man de Lucía Cordeiro, xa que é a súa nai.
E que sorpresa, por que Lucía tamén traía unha poesía para ler!
O conto que escolleron do recanto estaba no espazo de Novidades, así que pode que moitos non o coñezades; A vaca que puxo un ovo do escritor Andy Cutbill.
Tan divertida e atolondrada historia fixo rir a grandes e pequenos!
Moitas grazas por compartir este intre con nós! E agora a ver quen se anima…
Lémonos. LEO.
E seguen chegando os vosos fermosos traballos en familia…
Ben feito pícaros!
Lémonos. LEO
Como xa ven sendo habitual, no CEIP A Lama conmemoramos o 24 de outubro o Día das Bibliotecas Escolares.
Coma en outros anos tivemos dúas actividades e un encontro polo tarde en O Recanto de Leo.
A primeira das actividades é “Decobiblio”. Mirade que decoracións máis chulas nos deixou este ano!!!
Agardo que vos guste. Lémonos,
LEO
Como xa sabedes, o Proxecto Documental deste ano titúlase “Enerxías Sostibles”.
E directamente relacionado coa sostenibilidade queremos ir levando adiante unha serie de iniciativas que esperamos teñan calado, non só na escola, senón tamén nas familias.
Vimos de colocar nas entradas da biblioteca uns contedores para poder separar o lixo.
A ver si dende o concello se lembran de traer os prometidos contedores para papel e plásticos (de orgánicos xa temos) e podemos acabar o proceso, xa que o noso alumnado está aprendendo a separar o lixo e é unha mágoa que este traballo non teña un final axeitado. A nosa parte vai estando cumprida.
Se queres máis información de como separar o lixo pica na icona de SOGAMA que tes na barra da dereita, na sección de recursos para o PDI.
En outras entradas vos iremos contando outras iniciativas que estamos preparando para facer que a nosa escola sexa máis SOSTIBLE.
Recibide un saúdo agarimoso. Lémonos,
LEO
As Mochilas Viaxeiras saíron un ano máis con moitas gañas!
Despegaron dende a Biblioteca cargadiñas de aventuras, historias e novidades que os nosos lectores e as súas familias non se quixeron perder e así o demostraron deixando a súa pegada nos Cadernos de Bitácora.
Estade ben atentos, xa que era tal a demanda, que tivemos que montar máis mochilas para facer a espera máis curta!
Lémonos. LEO.
O próximo 24 de outubro conmemoraremos o Día das Bibliotecas Escolares.
A Consellería de Educación ven de editar un cartaz para tan especial ocasión, e o lema escollido este ano foi:
“Biblioteca Escolar – Acelerador de Innovación”
Agardamos que vos gustara tanto como a nós.
Un saúdo, lémonos,
LEO
A nosa Biblioteca estrea un novo espazo: o recanto “creARTE!”. Un lugar pensado para que os nosos cativos amosen a súa creatividade.
“Os habituais” dos recreos xa están a elaborar os seus traballos plásticos e literarios (banda deseñada, poesía, ilustración, relato…).
| Cun modelo autoxestionado, o noso alumnado conta coa asistencia das voluntarias da Biblioteca, as “Axudantes de Leo”, que ensinan aos seus compañeiros como se debe empregar o espazo, que posibilidades creativas hai, cando se pode facer uso do recanto… De seguro que este espazo traerá tamén unha nova sección a este Blog! Polo de agora xa vos podemos amosar unhas imaxes dun dos primeiros días dende que se estreou este espazo. |
Recibide un saúdo!
Lémonos,
LEO
Ola de novo a todos!
Co traballo que temos este curso por mor das novidades das que vos iremos dando conta, temos este “Recanto” un pouco deixado da man…
Non pensedes que a actividade non segue na nosa Biblioteca. Todo o contrario!
A mención máis especial é para os nosos novos lectores. As nenas e nenos de 3 anos que comezan a súa andaina con nós, e que por primeira vez se achegaron a este novo universo que se lles abre.
Velaí van unhas fotiños.
Un saúdo, lémonos,
LEO