martes, 22 de novembro de 2011

QUE É UNHA BIBLIOTECA PARA TI? (5º PARTE)

Hoxe imos ver o que fixeron os nenos de 5 anos polo Día das Bibliotecas Escolares.

Logo de aprender na biblioteca que é a banda deseñada, realizaron un cómic que nos presentaron en formato de vídeo, mesmo gravaron os textos que eles compuxeron no noso Laboratorio da Comunicación!

Un traballo que remataron coa elaboración dun mural no que deixaron plasmados tódolos seus bocadillos.

_DSC3103

Moi ben rapaces!

Unha aperta. Lémonos. LEO

domingo, 20 de novembro de 2011

OUTRA DE PIXAR!

Xa non é a primeira vez que vos deixo este tipo de agasallo, e que… son ben divertidos!

Unha historia sen palabras, con música e unha animación de gran calidade; son os ingredientes que fan desta curtametraxe unha forma ben distinta de “ler”.

Pixar, como moitas outras veces, volve a sorprendernos!

Boa fin de semana!

Lémonos. LEO

mércores, 16 de novembro de 2011

QUE É UNHA BIBLIOTECA PARA TI? (4º PARTE)

E tamén os nenos de 4º de primaria fixeron un cómic para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares.

Ademais fixeron uns debuxos moi “chulos” dos espazos que temos en ela!

 

Moitas cousas temos ao redor do Día das Bibliotecas Escolares.

Lémonos. LEO

HOXE É MÉRCORES… TOCA A MOCHILA VIAXEIRA!

Déixovos os Cadernos de Bitácora que están nas mochilas dos nosos nenos.

Lémonos. LEO.

martes, 15 de novembro de 2011

QUE É UNHA BIBLIOTECA PARA TI? (3º PARTE)

Xa me tardaba deixarvos algúns traballiños máis que xurdiron por mor do Día das Bibliotecas Escolares.

Hoxe déixovos o cómic dos máis pequechos; os nenos de 4º de Infantil, que con moito “chollo” elaboraron esta xoia de libro!

Aínda que son pequenos… moito saben!
 
 
Esperade, que teño algo máis para vós!
 
É a banda deseñada dos nenos de 5º de Infantil que amosan unha historia fantástica que acontece na nosa biblioteca: É que un día… desapareceron tódolos libros! Onde foron? Mellor que volo conten eles mesmos!
 
Que ben feito, rapaces!

Unha aperta. LEO

domingo, 13 de novembro de 2011

QUE É UNHA BIBLIOTECA PARA TI? (2º PARTE)

Como era algo difícil meter nesta pantalla (polo seu tamaño) os cómics elaborados por 6º e 3º de Primaria, poderédelos ver nestas fotografías tomadas durante a presentación.

_DSC2672

_DSC2737

Non esquezades que todos estes contos se atopan na nosa biblioteca para que os podades ler!

Lémonos. LEO

mércores, 9 de novembro de 2011

QUE É UNHA BIBLIOTECA PARA TI? (1º PARTE)

Polo 24 de outubro festexamos o Día das Bibliotecas Escolares, como non, na nosa biblioteca!

Ademais de outras actividades, como a xa coñecida “Decobiblio”, propuxen aos nenos que pensaran en forma de banda deseñada “Que é unha biblioteca para ti?”

Desta sinxela pregunta saíron abraiantes traballos que me deixaron sen palabras, e mirade que iso é difícil con tódolos libros que eu teño lido!

Non falo de broma… foron alucinantes as vosas creacións!

Aquí vos deixo os cómics dos nenos de 1º ciclo e pouco a pouco iredes vendo máis.

Espero que o gocedes tanto como o gozamos nós aquel día!

 
 

Un saúdo, lémonos.

LEO

martes, 8 de novembro de 2011

PDI “O BOSQUE”: FESTIVAL INTERNACIONAL DE XARDÍNS DE ALLARIZ

Como xa vos dixen nunha entrada anterior os nenos de infantil, 1º ciclo de primaria e máis eu, fomos a Allariz, agora vou seguir contándovos parte da nosa viaxe.

Non poderemos esquecer facilmente a visita ao Festival Internacional de Xardíns de Allariz, aberto dende maio e que pechará as súas portas este mes.

banfestival2011(1)

Como esperabamos fixeron as delicias de grandes e maiores envolvéndonos coas súas cores, texturas, son…

DSC_0437

Os oito xardíns efémeros, que este ano compoñen a 1ª edición do festival, foron deseñados polo gabinete de arquitectura paisaxista dirixido polo prestixioso profesor Francisco Caldeira Cabral. A beleza dos deseños vai acompañada de propostas orixinais que provocarán a sorpresa e a admiración facendo difícil a escolla, mediante votación, do xardín máis valorado. Pero nós tras moito dubidar tamén deixamos o noso voto, e agora… a ver quen gaña!

DSC_0395

DSC_0396

Grandes bechos que nos fixeron sentir moi, moi pequerrechos… aínda que eu o que esperaba ver era algún ratiño…

A que si saiu a saudarnos antes de marchar foi esta diminuta ra; toda unha sorpresa!

_DSC2359

Menuda tarde que pasamos!

Lémonos. LEO

mércores, 2 de novembro de 2011

NOVOS CADERNOS DE BITÁCORA

Ufff… que frío! Menos mal que grazas ás Mochilas Viaxeiras podemos pasar divertidas tardes de inverno en familia.

Aquí vos deixo os vosos traballos!

Un saudiño para todos!

Lémonos. LEO

martes, 1 de novembro de 2011

PDI “O BOSQUE”: CON AGUSTÍN IBARROLA!

Levamos case un mes traballando no novo PDI deste ano: “O bosque”, e coma sempre comezamos pola fase de motivación.

Cos nenos de infantil e 1º ciclo de primaria realizamos unha saída a Allariz, xa que había moitas cousas que nos interesaban. Tantas cousas eran, que non son capaz de meter todo nesta entrada, polo que iredes vendo pouco a pouco a nosa viaxe.

Hoxe quero comezar mostrándovos un espazo único en Galicia, obra do artista Agustín Ibarrola, sobre o que os cativos de infantil queren investigar no seu PDI pola súa relación co bosque e a arte.

Mirade o lugar que descubrimos ao carón do Ecoespazo do Rexo que fomos a visitar. Resultou incrible para todos, xa que atopar un bosque pintado non deixa indiferente a ninguén.

_DSC2274

Foi moi acertado que as “profas” de infantil atoparan este lugar xa que van a traballar “Bosques de conto, contos de bosques”, e claro, un bosque pintado é como un bosque de conto!

Agora temos moitíííííísima información e coñecementos novos para logo descubrir máis de preto a este gran artista que formará parte de noso PDI.

Ummmm… que morriña me da ver estas fotos, co ben que o pasamos non me chega a hora de voltar!

Lémonos. LEO

xoves, 27 de outubro de 2011

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES (1ª parte)

Ola a todos:

Que ledo estou cos traballos do Día das Bibliotecas!

Onte pola tarde tivemos unha xornada festiva na Biblio, na que puidemos gozar co elaborado durante toda a semana nas distintas aulas. As actividades desenvolvidas foron “Decobiblio” e “Que é unha biblioteca para ti?”. Da segunda xa vos darei boa conta en vindeiras entradas.

Aquí vos deixo un vídeo co resultado das intervencións levadas a cabo nos Recantos da Biblioteca das aulas.

CEIP A LAMA | Día das Bibliotecas Escolares | DECOBIBLIO

Un saudiño e lémonos,

Leo

luns, 24 de outubro de 2011

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola a todos:

Hoxe estamos de festa porque é o “Día das Bibliotecas Escolares”.

Para conmemorar esta data daremos remate pola tarde a dúas actividades que comezaron a semana pasada: “Decobiblio” e “Que é unha Biblioteca para ti?.

Non queremos adiantar nada. Dos traballos vos daremos boa conta logo. Polo que me dixeron, haiche cousas moi interesantes por aí! Andade atentos!

Velaí vai o cartaz que encargou a Asesoría de Bibliotecas. A autora do deste ano é Emma Ríos:

cartel2011_peq3

Un saúdo e feliz día!

Lémonos,

LEO

martes, 18 de outubro de 2011

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA DO CEIP MANUEL CORDO BOULLOSA DE PONTE CALDELAS

A semana pasada recibimos unha invitación moi especial. Sempre se alegra un cando se inaugura unha nova Biblioteca.

Os profes do CEIP “Manuel Cordo Boullosa” de Ponte Caldelas veñen de rematar a adecuación dun novo espazo para a Biblio do cole.

Como non podía ir mandei aos profes Cris e Rafa, xunto con Marta a directora, para que me representaran e me contaran todo o que alí viron.

Déixovos unhas fotos para que vexades o chula que está.

_DSC1956_DSC1957_DSC1958_DSC1959_DSC1960

Como son moi traballadores aproveitaron a ocasión para reunírense cos responsables das Bibliotecas do CEIP “A Reigosa” de Ponte Caldelas, do CEIP “Doutor Suárez” de Fornelos de Montes e o CEIP “Manuel Cordo Boullosa” de Ponte Caldelas. Entre todos acordaron comezar unhas reunións de colaboración entre as distintas Bibliotecas. Xa teñen data para a primeira, que será aquí na Lama o 27 de outubro.

_DSC1961

Parbéns á comunidade educativa de Ponte Caldelas polo bo traballo feito.

Un saúdiño e lémonos

LEO

domingo, 16 de outubro de 2011

BANDA DESEÑADA DE CINE!!!

Rapaces e non tan rapaces, queda moi pouco para que se estree en Galicia o último cinema dos directores Steven Spielberg y Peter Jackson, aos que vedes na foto xunto co intrépido Tintín.

O flim está basado nas coñecidas personaxes creadas por Hergé, escritor francés que coa súa banda deseñada revolucionou o mundo do cómic. A primeira vez que As aventuras de Tintín, viron a luz, foi en 1929, pero renóvanse hoxe en día co estreo mundial da película 80 anos despois.

“Las aventuras de Tintín: El secreto del unicornio”, conta a historia do curioso e novo periodista Tintín e o seu leal can Milú, cando descobren que na maqueta dun barco está agochado un gran segredo. Arrastrados polo misterio centenario, Titín atópase no punto de mira dun diabólico inimigo e un cruel pirata coñecido como “el Rojo”. Coa axuda dos seus compañeiros de aventuras; o capitán Haddock, os torpes detectives Hernández e Fernández e como non, con Milú, Tintín viaxará por medio mundo para atopar o lugar onde descansa o “unicornio”, un navío afundido que pode conter a clave dunha valiosa fortuna… e unha antiga maldición.

Xa está aquí o tráiler que vos deixará coa boca aberta pola súa calidade e misterio.

Non dubidedes en ver a película nin en visitar a páxina oficial na que atoparedes moita máis información e incluso xogos!

 

WEB OFICIAL "LAS AVENTURAS DE TINTÍN: EL MISTERIO DEL UNICORNIO"

Mamá e papá, tomade nota, xa que este é un bo xeito de enganchar aos nenos a unha lectura de calidade!

Vémonos no cine e… lémonos.

LEO

xoves, 13 de outubro de 2011

RENOVANDO ESPAZOS

Sempre queremos sorprendernos e buscar cousas novas para vós.

Moitos xa o coñecedes pero… outros aínda non!

Quixemos recoller nunha exposición algunhas das mellores fotos destes dous últimos cursos. Era moi difícil escoller. Gustaríame poñelas todas, pero estas son as elixidas!

Sin título1

Queremos que mentres tomades a merenda para poder entrar na biblioteca, lembredes aquelas cousas que fixemos e que non esquezades que temos un ano por diante para volver a facelas!

_DSC1369

_DSC1371    _DSC1412

_DSC1400

E tamén na biblioteca para pais, aos que lles encanta ver aos seus cativos!

_DSC1454

Lémonos! LEO