mércores, 19 de abril de 2023

OBRADOIROS DO PDI "DA HORTA AO PRATO"

Hoxe tivemos unha actividade moi interesante co alumnado de Educación Infantil. Xuntámonos todos no Laboratorio Creativo da Biblioteca e desenvolvimos uns obradoiros que os motivaron moitísimo.
Estamos en plena investigación sobre a temática xeral proposta por Voz Natura: "O teu consumo deixa pegada", e como as mestras de infantil decidiran concretar a temática investigando o consumo na alimentación prepararon a infografía, os recantos e distintas actividades arredor da temática.

xoves, 23 de marzo de 2023

DONACIÓN A ADEGA

Onte, coincidindo co Día Mundial da Auga, tivemos un encontro na biblioteca cunha representación da Asociación Ecoloxista ADEGA. Visitounos María, educadora medioambiental, que recolleu a nosa simbólica aportación, froito do traballo realizado polo Día da Paz.
Despois do encontro con toda a escola, María desenvolveu un obradoiro co alumnado de infantil, para explicarlle como se fai o compost.

luns, 13 de marzo de 2023

XORNADA DE CONCIENCIACIÓN COA SINDROME DE DOWN

Hoxe visitáronnos uns rapaces da Asociación Síndrome Down Pontevedra, Xuntos.

Matías e Óscar, acompañados de Veli, Ramón, Sandra y Rebeca, membros da asociación, deron testemuña e arrouparon a Izan, que é alumno do CEIP A Lama.

mércores, 8 de marzo de 2023

8 DE MARZO - DÍA DA MULLER NA BIBLIOTECA

Hoxe tivemos unha xornada especial. Para conmemorar o Día Internacional da Muller tiveron lugar na biblioteca 3 obradoiros promovidos polo CIM do Concello da Lama.

venres, 24 de febreiro de 2023

CONECTAMOS CON IVA SON LI, DENDE NOVA YORK

Hoxe puidemos gozar de novo cun obradoiro de Biblioteca Creativa da man de Paola Guimeráns e Iva Son Li, que se conectou con nós dende Nova York.

Desenvolvimos unha actividade de aprendizaxe de linguas e STEAM coa placa Makey Makey.

mércores, 8 de febreiro de 2023

OS RECREOS NA BIBLIO

Logo da estrea da nova biblioteca parece que a normalidade acabou de volver de todo. Os cursos anteriores, con protocolo COVID, non nos permitiron moitas das actividades ou rutinas comúns. Agora é un verdadeiro pracer ver como podemos volver gozar dos recantos, da interacción entre as persoas, da convivencia entre os distintos niveis.

Nas seguintes imaxes un exemplo dun recreo calqueira deste mes de febreiro.

luns, 23 de xaneiro de 2023

VIII CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS

Aproveitando a inauguración da nova biblioteca, a Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández Novoa, fixo entrega ás mestras Eva González e Cristina Campos do diploma acreditativo do premio no VIII Concurso de Traballo por Proxectos, polo PDI: "Algunhas árbores, moitos paxaros".

martes, 17 de xaneiro de 2023

A BIBLIOTECA TEN QUE SER CREATIVA...

Aproveitamos os recreos de comedor cos voluntarios para crear, neste caso, as lámpadas dunha das entradas da biblioteca.

sábado, 14 de xaneiro de 2023

REMATANDO DE MONTAR A NOVA RADIO

Os espazos xa están rematados, pero aínda quedan flecos. Hoxe rematamos (por fin!) de montar "CEIBE RADIO". Un pouco de estaño, unhas cuantas conexións... e xa está soando.