domingo, 22 de marzo de 2020

PROGRAMA DE RADIO ESPECIAL: TODO VAI SAÍR BEN!

O pasado xoves comezamos esta iniciativa para involucrar aos cativos e ao profesorado nun novo programa de CEIBE Radio.

O proxecto Radio na Biblio non se detén a pesar do COVID-19.

O obxectivo? Manter aos pequenos conectados a través da radio, e que poidan saber uns dos outros nestes tempos difíciles e de paso traballamos competencias AMI.


Por suposto que esta foto non é destes días. Eles están nas súas casas e nos conectamos a través de mensaxes de móbil.
 

Agardamos que vos guste a actividade.

Unha aperta máis grande que nunca, lémonos,
Leo

Ningún comentario: