martes, 9 de febreiro de 2016

ENTROIDO 2016

Ola a tod@s!

Aquí vos traemos unhas fotiños do entroido que festexamos o pasado venres, 5 de febreiro. Como ben sabedes, procuramos disfrazarnos por ciclos dalgunha temática relacionada co PDI. Este ano o título é "Protexe a vida, coida os nosos ecosistemas", e con tal motivo os nosos rapaces se disfrazaron de: coellos, curuxas, peixes e abellas; animais que por un e outro motivo están investigando no Proxecto Documental.

_DSC1007 _DSC1014

_DSC1015 _DSC1019

A nosa comitiva fixo un percorrido pola vila, con parada na praza do pobo. Foron moitos os pais que se achegaron para gozar dos disfraces dos nosos cativos.

_DSC1031 _DSC1039

_DSC1062 _DSC1053

Para finalizar puidemos xuntarnos na escola para facer unha foto de grupo con todos os participantes.

_DSC1077

Queremos agradecer ás familias a súa colaboración durante o percorrido, así como nas semanas previas enviando o que precisabamos para poder elaborar os disfraces cos nosos pícaros.

_DSC1064 _DSC1066

_DSC3895 _DSC1094

Un saudiño, lémonos,
LEO

Ningún comentario: