mércores, 19 de novembro de 2014

ENTREGA DE PREMIOS OUFF ESCOLA 2014

Hoxe fomos a Ourense para asistir á entrega de premios do V Certamen OUFF Escola, dentro do 19º Festival Internacional de Cine da cidade das Burgas.

_DSC4498

Os nenos de Educación Infantil de 4 e 5 anos participaban co seu audiovisual Pancho e Panchita, que elaboraran coma un dos traballos do PDI “Ríos e Praias en Boas Mans” no curso 2013/2014.

_DSC4501 _DSC4511

A gala, no Auditorio de Ourense, contou coa presenza de numerosos alumnos dos colexios galegos participantes, que se tiveron que erguer ben cedo para estar puntuais á cita.

Lástima que nós, a pesar do esforzo das familias, non puideramos estar á hora… (sen comentarios)

Iso si, os nosos pequenos non perderon a ilusión nin un instante e puideron gozar dunha bonita xornada e dunha nova experiencia.

_DSC4495

Os gañadores na categoría de Educación Infantil e Primaria foron:

1º Premio, CEIP San Xoan de Filgueiras de Ferrol, coa súa curta Troco
2º Premio, CEIP de Laxe, por Medusópolis 999

Premio ao mellor guión ao CEIP Mestre Valverde de Mayo de Mos, por O ritmo da miña vida

PARABÉNS AOS PREMIADOS!!!

_DSC4516

Aquí vos deixamos a foto con todos os galardoados. Vémonos o ano que ven.

Un saúdo, lémonos,
LEO