mércores, 17 de abril de 2013

A NOSA BIBLIOTECA por Sara Amorín… (Voluntaria de 6º)

No CEIP “A Lama”, coma en tódolos coles, hai unha biblioteca. A nosa é moi especial, e vos vou contar por que…

_DSC2500

Para empezar gañamos mogollón de premios, nos que colaboramos todos. Ten moitos espazos nos que podes gozar de diferentes xeitos:

A AUDIOTECA, onde sentad@ nun “pouf” pos uns cascos e escoitas música de diversos estilos (Pop, Rock, tranquilizante… e tamén hai discos para os máis pequenos).

Tamén está o meu sitio favorito, CREARTE, onde colles unha folla e unhas ceras e mergúllaste nun mundo de cor e creatividade para debuxar o que imaxines. Eu cheguei a ver un dragón nunha nube!!!

Tamén hai un pequeno recanto no que todos somos protagonistas. Chámase CREACIÓNS PROPIAS, e condo facemos cousas en común (por clases) ou individualmente, as colgan alí para que todos vexan a imaxinación que temos. E ata temos un gran libro feito con cartolinas de diferentes cores nas que asinan (algún que outro pon unha dedicatoria) as persoas que veñen ao noso colexio a amosarnos cousas moi interesantesdun xeito divertido.

E como non! Os mestres non poden faltar. Por iso teñen unha mesa grande na que, o día que nos toque, podemos pasar por alí para levar un libro emprestado, e nos primeiros días de mes pódese coller peli ou CD, pero iso si, hai que tratalos ben.

Case se me esquece a nosa preciosa MASCOTA LEO, un ratiño pequeniño que coida da biblioteca ao que lle encantan os libros.

Como vedes á nosa biblio non lle falta detalle, e ten ata voluntarias que lle axudan aos mestres coas tarefas de manter a organización e ordear os libros; pero levamos a nosa recompensa.

Por todo isto e moito máis é tan especial a nosa Biblioteca, porque cada un aporta o seu grao de area, e grazas a isto todo é posible, e estou moi agradecida aos profes por facer da nosa Biblioteca a mellor de España.

E como di LEO, lémonos!

SARA

1 comentario :

María José dixo...

Sen palabras, seguro que eses nen@s van aprender moitas cousas. Ánimo!!!!!