martes, 15 de xaneiro de 2013

NOTICIAS SOSTIBLES!

E o PDI segue en marcha… Desta volta trátase de vos informar dunha actividade na que temos implicada á familia.

Co propósito de completar ao máximo a información recollida sobre as Enerxías Sostibles, e a finalidade de avanzar na adquisición das competencias Lingüística e de Tratamento da Información dos nosos cativos, a biblioteca da escola conta dende hai un tempo cun novo recanto para a prensa: NOTICIAS SOSTIBLES!

A tarefa é sinxela: o noso alumnado pode recoller na casa, coa axuda dos familiares, todo recorte de prensa, revista, folleto, referencia en internet… que inclúa unha noticia relacionada coas Enerxías Renovables.

Cada xoves, os mestres recollerán na clase estas novas, que entregarán logo aos coordinadores da Biblioteca para que as expoñan no recanto preparado a carón da columna do PDI (onde se amosan os documentos relacionados coa investigación deste ano).

_DSC2120

_DSC2116 _DSC2125

Toda esta información estará permanentemente na Biblioteca para poder ser consultada; coma os distintos documentos cos que contabamos ou fomos adquirindo.

_DSC2128

“O expositor elaborouse reutilizando cartóns reciclados que viñan nas embalaxes dos mobles para as seccións de aula da Biblioteca”

Xa sabedes rapaces! Non esquezades lembrar na casa que eles tamén vos poden axudar co PDI…

Un saúdo, lémonos,

LEO

Ningún comentario: