luns, 16 de xaneiro de 2012

TES ALGUNHA SUXESTIÓN? POIS… DÉIXAA NO NOSO CAIXÓN!

Sempre queremos ter en conta as opinións, ideas, críticas, valoracións… dos nosos usuarios, é dicir, dos alumnos, mestres, familias ou calquera outro conviado que pase pola biblioteca.

Para que cheguen a nós, xa fai tempo que creamos uns caixóns de suxestións. Podédelos atopar nas dúas entradas da biblioteca e tamén na entrada do cole, ese espazo que xa conquistamos o ano pasado!

_DSC1385

É moi sinxelo de empregar. Ao abrir o caixón atoparedes unhas folliñas de cores, lapis e uns ganchos. Só tedes que escribir aquilo que queredes facernos chegar e deixalo colgado para que o poidamos recoller.

_DSC3093

Non esquezades que tamén tedes a posibilidade de deixar un comentario no blogue ou un e-mail ao noso correo:

orecantodeleo@hotmail.es

Animádevos e deixade os vosos comentarios que de seguro han ser ben interesantes!

Lémonos. LEO

Ningún comentario: