xoves, 27 de outubro de 2011

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES (1ª parte)

Ola a todos:

Que ledo estou cos traballos do Día das Bibliotecas!

Onte pola tarde tivemos unha xornada festiva na Biblio, na que puidemos gozar co elaborado durante toda a semana nas distintas aulas. As actividades desenvolvidas foron “Decobiblio” e “Que é unha biblioteca para ti?”. Da segunda xa vos darei boa conta en vindeiras entradas.

Aquí vos deixo un vídeo co resultado das intervencións levadas a cabo nos Recantos da Biblioteca das aulas.

CEIP A LAMA | Día das Bibliotecas Escolares | DECOBIBLIO

Un saudiño e lémonos,

Leo

3 comentarios :

Anónimo dixo...

Moi traballo.Noraboa.Suso

Anónimo dixo...

os rapazes fixerono ben ata os profes tamen o fixeron ben

Pilar Hermida dixo...

FANTASTIC!!!! SUPER GREAT!!!
Sen dúbida ningunha sodes os mellores. Parece que entramos nun conto de fadas o ver as vosas marabillosas biblios!!!
Seguide así! Ánimo!!
Un bico moi forte de
Teacher Pilar