xoves, 17 de febreiro de 2011

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO EN EDUCACIÓN INFANTIL (5º PARTE)

Os cativos do cole, os nenos de infantil, están a traballar arreo no seu PDI ao que titulan: “Os estados da auga a través dos sentidos, os sentidos a través dos estados da auga”.
Entre tódalas actividades que están a facer, os mércores levan a cabo unha proposta que está a gustar moito: “Experimentamos coa auga”, da man de Gotiña, unha nova amiga que lles está ensinando moitas cousas.
Todo arranca na biblioteca, vendo unha presentación que prepara Gotiña. Comezaron polo estado sólido, e estamos de sorte, porque deixáronme para todos vós a presentación que eles xa viron. Preme sobre ela para descargala. 


Como ben di Gotiña, logo foron experimentar ca auga en estado sólido:
Xeo de diferentes cores e formas:
1º. Precisamos xarras con auga en estado líquido
_DSC6281
2º. Engadímoslle tintes alimenticios, e coma por arte de maxia, a auga deixou de ser incolora!
_DSC6284
3º. So quedaba vertela en diferentes formas
_DSC6302
_DSC6296
_DSC6311
4º. E sabedes… ao misturar os tintes primarios conseguimos novas cores!
_DSC6309

Rico xeo con sorpresa doce:
1º Descubrimos novas formas para facer xeo.
_DSC6316
2º Cada un de nós preparou a súa larpeirada xeada
_DSC6327
_DSC6329
3º Ao engadirlle a auga so quedaba metelo ao conxelador e esperar… a que a baixa temperatura fixera o resto!
_DSC6330
Toda unha inolvidable experiencia que nos deixou abraiados, non hai máis que ver as súas caras!


Agora só cabe esperar ao próximo mércores para saber como quedou o xeo e seguir a experimentar cos estados da auga.
Dende logo eu non vou faltar!
Lémonos. LEO

Ningún comentario :