mércores, 29 de setembro de 2010

COMEZAN A SÚA VIAXE!

 

DSC_0631 

Saen dende a Biblioteca as novas mochilas viaxeiras cargadiñas de historias e diversión.

Nacen con ganas de unificar dous piares básicos dos pequechos: a lectura e a familia.

Cada aula ten unha para que semana a semana vaia pasando por todos os nenos.

Creo que non esquecín nada: un libro para os nenos, un para os papás, unha peli, algo de música… e algunha sorpresiña que non vos vou desvelar.

DSC_0635

O que sí vos podo contar é que en cada unha atoparedes un “caderno de bitácora” para que cada familia deixe a súa pegada. Logo poderedes velas todas no Blog.

Espero que vos guste a todos!

Lémonos.

LEO

mércores, 22 de setembro de 2010

COMEZAMOS DE NOVO!

leonuevo_baja

Cantas ganas tiña de volver a estar con todos!

O verán fíxoseme moi longo ao estar eu só na Biblioteca, aínda que me fixeron algunha visitiña...

Como tiven moito tempo, preparei moitas novidades para este novo curso. Non quero adiantar moito pero... de seguro que vos vou sorprender!

Estes días ando moi ocupado poñendo a Biblioteca en marcha e presentándome aos nenos novos e as súas familias, aos que quero darlle en especial unha calurosa benvida.

Non me vou entreteñer máis que soa o timbre para a "Hora de Ler".

Un saudiño. Lémonos.

LEO