luns, 26 de abril de 2010

OLA A TOD@S!

O blogue da Biblioteca Escolar do CEIP "A Lama" comeza a súa andaina.

Despois dun ano con tanto traballo, e tantas novidades, por fin atopamos un oco para dedicarllo ás novas tecnoloxías, que a verdade, están moi ben.

Grazas a elas poderedes seguir as novas que vaian xurdindo, aproveitar os recursos que dispoñamos, facer achegas cos vosos comentarios…

Esperamos que o collades con cariño, e que vexades nesta ferramenta un xeito máis de facer “animación á lectura”.

Recibide un saudiño.

Lémonos,
LEO

4 comentarios :

Anónimo dixo...

gustoume moito que reformaran a biblio. agora esta moito mais bonita e hai mais libros. tamen hai ordenadores e podense contar contos con marionetas.

Anónimo dixo...

Gustame moito como vai vestido Leo este ano.Está moi guapo con ese pano na cabeza,fastinoume a túa historia,de como te encontraron e te recibiron.Por certo,Leo sigue co bloge,que está moi fermoso!

Anónimo dixo...

Todo o traballo que estades facendo por nos e impresionante.Grazas,moitas grazas.

Anónimo dixo...

Hola,cando descubin o bloge encantoume.Fastina a vosa biblioteca.Intentaremos facer taman un bloge.Un saudo.
LAURA DE VIGO