mércores, 22 de decembro de 2010

BO NADAL!

felicitacion_alama_2010

Lémonos… tamén en Nadal!

LEO

ANTES DE MARCHAR… UNHA DE MOCHILAS VIAXEIRAS!

Estas son as últimas aportacións nos cadernos de bitácora.

Familia Carrera Cortizo (4º Infantil)

CARRERA CORTIZO (RUBÉN)

Familia Muíños Cendón (5º Infantil)

MUIÑOS CENDÓN (DANIEL)

Familia Ventín Fortes (1º Primaria)

VENTÍN FORTES (ADRIANA)

Familia Gavian Hidalgo (2º Primaria)

GAVIAN HIDALGO (ANDONI)

Familia Pacheco González (3º Primaria)

PACHECO GONZALEZ (ALEX)

Familia López Valasco (4º Primaria)

LÓPEZ VELASCO (SANTOS)

Familia Peón Barreiro (5º Primaria)

PEÓN BARREIRO (ÁNGELA) 1

PEÓN BARREIRO (ÁNGELA)

Lémonos.

LEO

mércores, 15 de decembro de 2010

MOCHILAS VIAXEIRAS

Ufff… xa me esquecía de amosarvos os cadernos de bitácora das mochilas.

Claro, e que con tanta neve… non me atrevía a saír de entre os libros por si se me conxelaban os bigotes.

Pero non vos preocupedes que aí van!

Familia Cioni (4º Infantil)

CIONI (ADRIAN)

Familia  Paulo Suarez (5º Infantil)

PAULO SUAREZ (NATALIA) 1

PAULO SUAREZ (NATALIA) 2

Familia Joao Sangiao (1º Primaria)

JOAO SANGIAO (DANIEL)

Familia Álvarez Vilariño (2º Primaria)

ÁLVAREZ VILARIÑO (YAGO)

Familia Pérez Amorín (3º Primaria)

PÉREZ AMORÍN (ADRIANA)

Familia Casal Ramallo (4º Primaria)

CASAL RAMALLO (AINOA)

Familia Vidal Vidal (5º Primaria)

VIDAL VIDAL (JUAN)

Familia Cal Alvariño (6º Primaria)

CAL ALVARIÑO (ALEX)

Deica pronto!

Lémonos.

LEO

xoves, 25 de novembro de 2010

OS PRIMEIROS DOCUMENTOS PARA O PUNTO DE INTERCAMBIO!!

Xa chegaron os primeiros documentos para o punto de intercambio, agora poderedes velos na biblioteca e tamén no Blog.

Pouco a pouco irán chegando máis e máis, e ireinos engadindo nesta entrada; así poderedes ver as novidades, e do mesmo xeito, se un neno se leva algún libro, desaparecerá da galería.

 

Non esquezades que esta é unha actividade para todo o curso!

Un saludiño. Lémonos.

LEO

martes, 23 de novembro de 2010

CADERNOS DE BITÁCORA E ALGO MÁIS…

Xa queda pouco para que algunhas clases rematen o seu ciclo das Mochilas Viaxeiras, pero non hai de que preocuparse, xa teño preparados os novos paquetes de libros, e… xa me contaredes se vos gustan.

Agora vexamos os vosos Cadernos de Bitácora e algo máis…

Familia Fernández Carbalho (4º Infantil)

FERNANDEZ CARBALHO (MANUELA)

Familia Gandarela Ramilo(5º Infantil)

GANDARELA RAMILO (DANIEL)

Familia Portela Carballal(6º Infantil)

PORTELA CARBALLAL (GIORDANA)

Familia Perdiz Barros (1ºPrimaria)

PERDIZ BARROS (ÓSCAR)

Familia Fernández Göbel (2ºPrimaria)

FERNÁNDEZ GÖBEL (RAÚL ERNESTO)

Familia Canda Barreiro (3ºPrimaria)

CANDA BARREIRO (ANDREA) 1

CANDA BARREIRO (ANDREA)

Familia Francisco Cal (4ºPrimaria)

FRANCISCO CAL (NEREA)

Familia Boullosa Herrera (5ºPrimaria)

BOULLOSA HERRERA (ANDRÉS)

Familia Costal Silvoso(6ºPrimaria)

COSTAL SILVOSO (BÁRBARA)

Son xeniales!

Un saúdo. Lémonos.

LEO

luns, 22 de novembro de 2010

PUNTO DE INTERCAMBIO DE DOCUMENTOS

Xa tiña eu gañas de presentarvos esta actividade que andaba pola miña cabeciña dende principios de curso. Por fin teño todo preparado!

A partir de agora na biblioteca do cole atoparedes un novo recanto ao que chamaremos “Punto de Intercambio de Documentos”

_DSC4691

Para levar a cabo esta actividade é precisa a colaboración dos papás ademais dos “profes” da biblioteca. Escoitade ben:

- EN QUE CONSISTE? Tratase de intercambiar con outros nenos os documentos que xa temos usados e que queremos trocar por outros.

- QUE ENTENDEMOS POR DOCUMENTOS? Libros de consulta, libros de narrativa, poesía, teatro, cómic… música, películas, revistas, xogos…

- COMO PODO CAMBIAR DOCUMENTOS? Cando teñades un documento que queirades intercambiar, antes de nada teredes que pedirlle permiso a papá e mamá para traelo da casa. Logo vindes á biblioteca con el e o mestre encargado (despois de mirar que non estea moi derramado) váivolo cambiar por un “Vale-Leo”.

_DSC4676_DSC4679

O “Vale-Leo” ten moito valor, xa que só o terán os nenos que aporten algo ao caixón de intercambio. Ademais de ser un exclusivo marca páxinas é un vale para cambiar, se así o queren os nenos, por outro documento. Ademais non caduca nunca, polo que podedes ter o “Vale-Leo” ata que atopedes un libro que vos interese no caixón.

- VALE CALQUEIRA DOCUMENTO? Non. Teñen que estar en boas condicións. Non poden ser novos, porque xa os usastes antes de traelos, pero si que teñen que estar coidados e servir para outros nenos.

- QUE TEÑO QUE FACER PARA PODER COLLER UN DOCUMENTO DO PUNTO DE INTERCAMBIO? Só debes ter un “Vale-Leo” que conseguirás se antes deixaches algo no caixón de intercambio.

- PODO RECUPERAR OS MEUS DOCUMENTOS DESPOIS? Non. Se un libro é depositado no caixón de intercambio deixa de ser voso para ser doutra persoa que o queira. Así vós tamén poderedes coller outro libro e pasará a ser voso.

- TEÑO QUE DEVOLVER OS DOCUMENTOS QUE COLLO? Non. Os documentos que se collen do punto de intercambio non se devolven xa que pasan a ser do neno que o colla. Poderedes volvelos intercambiar máis adiante.

- COMO SEI OS DOCUMENTOS QUE HAI PARA INTERCAMBIAR? Estarán á vista de todos na biblioteca pero ademais iremos colgando no Blog as novidades que vaian chegando, só tes que buscar o logo.

_DSC4689

- CANTOS DOCUMENTOS PODO TRAER PARA INTERCAMBIAR? Podes traer cantos queiras e conseguirás un “Vale-Leo” por cada un que traias. Recorda que debes pedirlle permiso a papá e mamá antes de traelo ao cole!

- HAI UNHA DATA MÁXIMA PARA PARTICIPAR? Non, esta actividade durará todo o ano, así que podes coller ou traer un documento ao longo de todo o curso.

Eu creo que vai ser moi divertido poder intercambiar todo isto, seguro que descubrides moitas cousas novas da man dos vosos compañeiros.

Se tedes algunha dúbida acudide ao voso mestre ou pola biblioteca, seguro que vos poden axudar.

Recordade buscar o logo no noso Blog e… animádevos a participar!

Lémonos.

LEO

xoves, 18 de novembro de 2010

MOCHILAS VIAXEIRAS

Aínda que con un pouco de retraso… estos son os Cadernos de Bitácora!

Familia Estevez Moreira (4º Infantil)

ESTEVEZ MOREIRA (JOSE ANGEL)

Familia Doallo Alondo (5º Infantil)

DOALLO ALONSO (SAIDOU)

Familia Cioni (6º Infantil)

CIONI (AGLAIA)

Familia Iglesias Barreiro (1ºPrimaria)

IGLESIAS BARREIRO (CRIS)

Familia Gabian Delgado (2º Primaria)

GABIAN DELGADO (JONATAN)

Familia Muíños Pacheco (3º Primaria)

MUIÑOS PACHECO (SABELA)

MUIÑOS PACHECO (SABELA) 2

Familia Perdiz Barros (4º Primaria)

PERDIZ BARROS (ALBA)

Familia Rey Fernández (5º Primaria)

REY FERNÁNDEZ (SERGIO)

Familia Costal Silvoso (6º Primaria)

COSTAL SILVOSO (BARBARA)

Seguide así familias!

Lémonos. LEO

martes, 16 de novembro de 2010

domingo, 14 de novembro de 2010

FESTEXAMOS O SAMAÍN E O MAGOSTO (1ª Parte)

Onte tivemos un día moi especial no cole, pois os mestres nos organizaron as festas do Magosto e o Samaín. (Como hai moitas fotos imos dividilas en dúas entradas)

Pola mañá, os nenos de 5º e 6º actuaron para nós, xusto antes de que se coñeceran os gañadores dos concursos de “Cabazas” e “Cestas de Outono”.

_DSC4176_DSC4197

As gañadoras do concurso de cestas foron:

1º Alba de Cuarto de Primaria

2º Vanessa, de Cuarto de Primaria

3º Rosa, de Cuarto de Infantil

_DSC4244

Os gañadores do concurso de cabazas foron:

1º Iago, de Segundo de Primaria

2º Marcela, de Terceiro de Primaria

3º Andrea, de Terceiro de Primaria

_DSC4242

A continuación vos deixo unha galería cos “diplomados” e algunha foto máis das actuacións.

Un saudiño lector a todos. Quedades convidados á seguinte entrada.

Lémonos,

LEO

xoves, 11 de novembro de 2010

OTRA DE MOCHILAS VIAXEIRAS!

Ohhh… que bonitas están a quedar as vosas aportacións para a mochila viaxeira!

Mirade, mirade… Comezamos cos pequechos!

Familia Cal Gómez (4º Infantil)

INF3_CAL GÓMEZ LIA

Familia Peón Barreiro (5º Infantil)

INF4_PEÓN BARREIRO

INF4_PEÓN BARREIRO II

Familia Blasi Moledo (6º Infantil)

INF5_BLASI AMOEDO

Familia Cal Amorín (1º Primaria)

1_CAL AMORIN

Familia Bugallo Martínez (2º Primaria)

2_BUGALLO MARTINEZ

Familia Amorín Martín (4º Primaria)

4_AMORÍN MARTÍN

Familia Fernández Pazos (5º Primaria)

5_FERNANDEZ PAZOS

Familia Piñeiro Gregorio (6º Primaria)

6_PIÑEIRO GREGORIO

A que merece a pena o esforzo!

Un saúdo. Lémonos.

LEO