![_DSC0443 _DSC0443](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjtsNKsJgYlWTplOWTZpSOYoWwR3xv3VBOykwagec9XcmvfpWDrfD3AcvjYRsMN7rY5XNajZRgVYXY5X100wqNPozZhmy9jLuz_Itwc3_Hsc1KUVF51r9AIMIpooo26w6tOhYAaMaJtBwdr/?imgmax=800) | No día de onte tivo lugar en Ourense a entrega de premios aos traballos finalistas, na VI edición do certame de cinema OUFF Escola 2015. Esta convocatoria nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e máis o traballo en equipo nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a formar un espírito crítico. Este certame pretende, ademais, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino, e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas. |
Nesta sexta edición do certame participaron un total de 136 proxectos e máis de 2.300 rapaces, mostra dos bos resultados da promoción que procura o fomento da creación audiovisual na infancia e na adolescencia, e que ademais nos ilusiona a grandes e pequenos. Este ano presentamos catro traballos: “Os superpoderes dos alimentos” en Educación Infantil, “Ecoclínica” de primeiro e segundo de primaria, “Da horta ao prato” de terceiro e cuarto de primaria e “Hortoconsellos” dos nenos de quinto e sexto de primaria. | ![_DSC0418 _DSC0418](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgu34yTElN0PZdKBRdAsAwdama_ZUCeP9y1kQ-6DzyTfwmUE76opVQ1uWP4ea1a0wF2W_jijLNDnVRi86v-kNRs65h23Rc5qHr7cmkIsyioY8ajm7Fui37BaVCLP9j-5-7M6nPqudFl0HuY/?imgmax=800) |
Fomos galardoados cun primer premio na categoría de infantil e primaria polo traballo de Educación Infantil “Os superpoderes dos alimentos”. O premio supón unha dotación económica de 600 euros, e sobre todo unha ledicia inmensa que viviron os nosos cativos, e que nos emocionou a todos!
![_DSC0444 2 _DSC0444 2](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEixducIE03GhIoEg3JbM6OHquf61eP11KBkJ6v9-TB9eFfqSfvj1WocoJB4-eGEEH728ZlEyq8_k35j69xKjOyzpO_tfcrg2c4ZAvV9nWq85OQmiXvOjKuRA5sKFbcyZucsUWrovTc5L7ZC/?imgmax=800)
Queremos trasladar a tódolos participantes e aos premiados os nosos parabéns polo traballos realizados, así como agradecer a organización a súa mención.
![_DSC0476 _DSC0476](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjrRWUqiHSHx1_sQ9O1_9LMIDn2yUX4BLduMtxLlTqXTVoXvEtm1msboljarUIoJdlA5qEgthSqjHoGWM9MrdPHs9qzThuV6nzr0mbNkh2ADSGtez_56SQUX-k7RaAo91N05oDExGKAIK6F/?imgmax=800)
Parabéns rapaces!
E para os que non vistes a nosa curta… https://vimeo.com/128374250
Lémonos,
LEO.
1 comentario:
Enhorabuena a todos!!!!
Publicar un comentario