sábado, 31 de xaneiro de 2015

XORNADA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA – 30 de Xaneiro

Onte conmemoramos na escola a Xornada Escolar pola Paz e a Non Violencia.

Como xa vos contamos en outras ocasións, organizamos un rastro solidario coas creacións do noso alumnado e a recadación destinámola a un proxecto que teña que ver coa temática do noso PDI; este ano “Sementa Ideas, Recolle Futuro”.

_DSC5313

Nesta oportunidade a nosa colaboración será con “Mans Unidas”, Delegación de Pontevedra, para participar nunha iniciativa en Uganda que axude a mellorar a economía familiar coa implantación da agricultura sostible.

Velaí van uns exemplos do que argallaron os nosos cativos.

_DSC5294 _DSC5295
_DSC5322 _DSC5301
_DSC5300 _DSC5297

Os nenos de infantil confeccionaron uns estoxos de tela estampados con hortalizas, 1º ciclo elaborou uns cadernos con formas de froitas e hortalizas, 2º ciclo cociñou e envasou unhas deliciosas marmeladas de kiwi e laranxa, e 3º ciclo preparou unhas flores de papel e unhas velas.

Acabáronse todas! Se máis houbera, máis se vendían!

Nestes momentos estamos a preparar un vídeo en Time Lapse co proceso. Andade atentos!

Un saúdo, lémonos,
LEO

_DSC5296