xoves, 12 de xullo de 2012

FASE FINAL DE PRESENTACIÓN DO PDI (5º DE EDUCACIÓN INFANTIL)

Agora que teño un pouco máis de tempiño ... ben vos podo achegar algunhas cousas que quedaron no tinteiro do noso PDI.

Hoxe repararemos no traballo dos nenos de 4 anos; lombrigas e celtas!

Cando, aló por outubro, comezamos a traballar ao redor dos bosques, os cativos repararon nun, pouco coñecido, animal: As lombrigas.

Amosaron todo o que aprenderan deste habitante dos nosos bosques, cun divertido xogo que tiña doce recompensa.

_DSC6935

Este lombriga xigante agochaba curiosas preguntas coas que eles retaban a tódolos alí presentes, e claro, saber a resposta tiña agasallo; un doce de lombriga!

_DSC6971_DSC6943  _DSC6958

Tanto aprenderon que foron quen de ter este invertebrado de mascota!

Nas súas investigacións atoparon outros antigos habitantes dos bosques que nos veñen moi de preto: Os celtas.

Mirade neste vídeo como o fixeron!

De seguro que algo máis atoparei para vós!

Lémonos. LEO.

Ningún comentario :