mércores, 7 de marzo de 2012

PARECE QUE CHEGA A PRIMAVERA…!

Estes días, nos que andamos enfrascados na investigación sobre os bosques (o noso PDI deste ano), decatámonos mentres observabamos as árbores do xardín do cole, de que xa estaba con nós a Primavera.

Hai dous anos os nosos alumnos elaboraron un conto viaxeiro e o curso pasado os voluntarios da biblioteca encargáronse de gravalo para a súa versión dixital interactiva.

Premede na imaxe e esperade a que o cargue (dependerá un pouco da vosa conexión a internet).

a_primavera

Espero que vos guste.

Un saúdo. Lémonos,

LEO

1 comentario:

María José dixo...

Sen palabras. Parabens a todos e todas. Un bo traballo.