martes, 13 de marzo de 2012

ESE ENTROIDO, ESE ENTROIDIÑO… (2º PARTE)

Quedan cousiñas que contar ao redor do Entroido!

Hoxe preparei para vós unha entrada ben doce, xa que no cole, coma vimos facendo estes últimos anos, fixemos unha exposición e degustación de postres tradicionais de Entroido.

_DSC4747   _DSC4748

Moitas familias trouxeron unha proba xunto coa receita dun doce que soen facer nesta festividade.

       _DSC5004

Unha actividade en familia na que os cativos poden aprender moito.

E coma manda a tradición, os servidores de tan riquísimos postres son: as mestras novas no cole!, que con moito humor fixéronolo pasar ben a todos, e senón mirade!

E aínda me queda algo máis para amosar deste día, andade atentos!

Larpeiros saúdos...

Lémonos. LEO.

1 comentario :

jose dixo...

Marabilloso o entroido do cole, pero por favor que nivel baixo dos profes novatos,non hai glamour,nin esperpento,nin frenesí.. a verdade que o ano pasado o nivel foi moi elevado e difícil de superar.