martes, 31 de xaneiro de 2012

DÍA DA PAZ 2012 (1ª parte)

O pasado venres 27, festexamos (cun pouco de adianto) o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia.

Logo de ir traballándoo nas aulas pola semana, puidemos gozar dunha tarde de actuacións e xestos en prol da Paz e a Solidariedade.

_DSC3977

Comezamos cunha obra teatral interpretada polos nenos de 5º de primaria; no 1º ciclo prepararon poesías e ladaíñas que nos recitaron; os nenos de 4º amosáronnos o seu xeito de facer a Paz; por último os maiores do cole, xunto con todos os demais, contaron a canción “Imagine” de John Lennon.

 

Seguindo coa tradición, montamos o noso particular Rastro Solidario, que xa vai pola súa segunda edición.

_DSC4040  _DSC4059

_DSC4087  _DSC4089

Este ano foi aínda máis espectacular se cabe, xa que había moitas máis cousas que mercar e as familias implicáronse coma nunca. Grazas ao esforzo de todos recadamos a cantidade de 204 € que decidimos doar á Asociación Cultural-Ecolóxica Ridimoas, unha entidade con sede en Ribadavia que está a traballar pola recuperación dos nosos bosques.

Logo

Quedades convidados a ver que é o que fan na súa web:

http://www.asociacion-ridimoas.org/index.htm

Un saúdo, lémonos,

LEO

mércores, 25 de xaneiro de 2012

HORA DE LER… COA NAI DE CARLOTA!

Xa sabedes que no 1º ciclo do cole andan a compartir a Hora de Ler coas familias. Nesta acasión a nai de Carlota contounos a coñecida historia de “Juan y las habichuelas mágicas” e Carlota, que tamén quería ler algo, recitounos unha poesía.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Logo, como por arte de maxia, apareceron unhas moedas nun saco verde, como lle pasaba ao protagonista da historia!

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

 

 

 

 

 

 

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A ver quen é o seguinte que se anima!

Lémonos. LEO.

martes, 24 de xaneiro de 2012

OS PRIMEIROS CADERNOS DE BITÁCORA DO 2012… E HABRÁ MOITOS MÁIS!

Xa chegaron o mércores nas vosas Mochilas Viaxeiras, con moita puntualidade, os Cadernos de Bitácora. Mirade!

 

Agora só queda esperar polos seguintes!

Lémonos. LEO.

domingo, 22 de xaneiro de 2012

VISITAMOS A BIBLIOTECA DO CEIP de MALLÓN (NIGRÁN)

O pasado martes, os profes coordinadores da nosa Biblioteca foron visitar aos compañeiros do CEIP de Mallón, en Nigrán.

Durante unhas 3 horas lles estiveron relatando as experiencias educativas desenvolvidas no CEIP A LAMA, nos últimos 3 anos e medio, no ámbito da Biblioteca Escolar: o seu proceso transformador, como se xestou o proxecto, dificultades atopadas, formación recibida, actuacións levadas a cabo…

_DSC3848

Dinme que lles agradeza da súa parte a acollida, e que aproveite para darlles moito ánimo, que xa teñen moito camiño feito. Este ano hai que ir a polo PLAMBE, claro que si!

_DSC3850 _DSC3852_DSC3851

Unha aperta moi agarimosa para eles…

Lémonos,

LEO

luns, 16 de xaneiro de 2012

TES ALGUNHA SUXESTIÓN? POIS… DÉIXAA NO NOSO CAIXÓN!

Sempre queremos ter en conta as opinións, ideas, críticas, valoracións… dos nosos usuarios, é dicir, dos alumnos, mestres, familias ou calquera outro conviado que pase pola biblioteca.

Para que cheguen a nós, xa fai tempo que creamos uns caixóns de suxestións. Podédelos atopar nas dúas entradas da biblioteca e tamén na entrada do cole, ese espazo que xa conquistamos o ano pasado!

_DSC1385

É moi sinxelo de empregar. Ao abrir o caixón atoparedes unhas folliñas de cores, lapis e uns ganchos. Só tedes que escribir aquilo que queredes facernos chegar e deixalo colgado para que o poidamos recoller.

_DSC3093

Non esquezades que tamén tedes a posibilidade de deixar un comentario no blogue ou un e-mail ao noso correo:

orecantodeleo@hotmail.es

Animádevos e deixade os vosos comentarios que de seguro han ser ben interesantes!

Lémonos. LEO

martes, 10 de xaneiro de 2012

HORA DE LER… XUNTOS!

DSC_0243

Se vos digo que non é o mesmo ler para un que para os demais, de seguro que non vos digo nada novo. Por iso ás veces, un pouco antes da Hora de Ler, escoitase polo cole un ir e vir de rapaces que van compartir xuntos a lectura.

Isto foi o que fixeron os nenos de 2º de primaria e os de 6º de infantil; xuntáronse na Biblioteca e os máis cativos deixáronse levar polas aventuras que os maiores lle estaban achegando!

DSC_0247

É outra forma de disfrutar da Hora de Ler!

DSC_0239DSC_0246

Lémonos… xuntos!

LEO.

domingo, 8 de xaneiro de 2012

COMPARTIMOS O PREMIO: UN AGASALLO PARA OS NOSOS USUARIOS! (3ª parte)

Para continuar cos festexos, o día 21 de decembro tivemos unha xornada de portas abertas á que convidadamos ás familias e a tódolas persoas que o desexaran.

_DSC3419

Os profes estiveron encantados de recibir a tantas nais, pais, avós e avoas e incluso antiguas e futuras alumnas.

Explicáronlles en que consistía o premio, respostaron a moitas preguntas e proxectáronlles o video Bibliotecas Escolares en Tránsito que elaborou a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería para o congreso celebrado en Santiago.

_DSC3417

Era a primeira visita á Bibioteca do cole para a maioría, e quedaron encantados.

_DSC3418

A xuntanza rematou cun café e un chocolate quentiños.

Agardo que quedaran satisfeitos do traballo realizado e sobre todo da aportación dos seus pequenos á consecución do galardón.

Un saúdo, lémonos,

LEO

venres, 6 de xaneiro de 2012

COMPARTIMOS O PREMIO: UN AGASALLO PARA OS NOSOS USUARIOS! (2º PARTE)

Non chegaba só con ir ao cine (aínda que non estivo nada mal…), tamén quixemos agasallar aos nosos alumnos na mesma biblioteca que levou o 1º premio: a nosa biblioteca!!!

Achegamos aos rapaces, da man de Olalla e Marc, ao mundo que tanto nos gusta dos contos. Desta vez, a contacontos e o ilustrador formaron un gran equipo, e gozamos dunha tarde ben divertida!

_DSC3316

Primeiro amosáronnos algúns contiños que eles coñecían ben xa que os ilustraron ou mesmo os escribiron.

DSC_0273

E de seguido a voz de Olalla e as mans de Marc comezaron a levarnos con mimo a través das súas historias.

_DSC3274_DSC3285

DSC_0314

Mirade como foi a cousa…

Lógo, quedou un tempiño no que nos adicaron os seus contos e debuxos.

_DSC3410

_DSC3408

Mesmo asinaron no Libro de Honra!

_DSC3412

Moitas grazas aos dous por unha tarde tan especial!

Lémonos. LEO.

domingo, 1 de xaneiro de 2012

LÉMONOS… NO NADAL!

_DSC3360

Xa levo algún tempo procurando achegarvos a novas lecturas, e tamén para o Nadal!

Este ano argalleino a modo de un tradicional xogo que de seguro vos sorprenderá.

_DSC3365

_DSC3368_DSC3374

 

 

 

 

 

 

 

_DSC3377

Para que os vexades máis polo miúdo…

Atoparedes novidades, aventuras, misterios, xogos… pasarédelo moi ben!

Lémonos, LEO.