sábado, 8 de outubro de 2011

FORMACIÓN DE USUARIOS… PARA DOCENTES! (SEGUNDA SESIÓN)

Novidades na biblioteca xa sabedes que nos gusta ter, pero tan interesante coma esta hai poucas!

Os mestres da Lama queren facer da biblioteca non só un lugar bonito onde ler, escoitar, ver, acceder… á cultura (que non é pouco e tampouco é ningunha novidade), senón facer que sexa o piar da vida do centro, e para tal labor… hai que formarse!

Podemos formarnos de moitos xeitos diferentes; nos cursos, en congresos, charlas, grupos de traballo, lendo, falando cos compañeiros… ou collendo o mellor de cada cousa! Desta mestura naceu a idea de que os mestres do Equipo de Biblioteca poden amosar moitas cousas aos seus propios compañeiros, é que ás veces a “formación” está máis preto do que parece!

Despois do bo resultado da primeira reunión, decidimos que a partir deste curso, unha vez ao mes polo menos, tódolos docentes virán á biblioteca para formarse, dialogar, preparar actividades, intercambiar ideas, aportar cousas novas… en definitiva para mellorar.

Xa levamos dúas sesións, e proba de elo son estes dous libriños. Son o resumo das presentacións que alí se viron e que aquí sempre estarán a vosa man!

 

Sei que non está todo o que falamos, pero si que está o guión xeral que coido que vos pode axudar.

 

Unha aperta, e… lémonos!

LEO

Ningún comentario :