xoves, 24 de febreiro de 2011

COA “BOCABERTA” NA BIBLIOTECA

A maxia tamén ten cabida na nosa Biblioteca, e onte quedou demostrado coa actividade Abrapalabra, o espectáculo no que o ilusionista Carlos Coira mostrou os seus trucos aos rapaces, para facelos gozar coa maxia das palabras.

_DSC6877

Menuda sorpresa que levaron algúns…

DSC_0727

_DSC6919

_DSC6933

DSC_0750

Esta actividade forma parte dunha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística coa que se busca promover o uso e a lectura na lingua galega entre os nenos de 3 a 18 anos. Achegáronse a ela a través de monicreques, globos máxicos, música, palabras, abanos, caixas tolas, contos encantados…

_DSC6936

_DSC6943

_DSC6890

DSC_0740

DSC_0732

_DSC6926

DSC_0748

_DSC6875

Ademais de gozar de case unha hora de diversión, todos levamos de agasallo un conto, que coma non podía ser doutra forma, era máxico, xa que… cantos libros coñecedes que se manteñan sós de pé?

_DSC6980

DSC_0772

DSC_0774

Dende logo, este é un lúdico xeito de gozar das palabras e… aprender os mellores trucos de maxia!

Ao final quedamos todos coa “Bocaberta”.

DSC_0769

Aínda que non foi o único…

Deica pronto!

Lémonos. LEO

xoves, 17 de febreiro de 2011

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO EN EDUCACIÓN INFANTIL (5º PARTE)

Os cativos do cole, os nenos de infantil, están a traballar arreo no seu PDI ao que titulan: “Os estados da auga a través dos sentidos, os sentidos a través dos estados da auga”.
Entre tódalas actividades que están a facer, os mércores levan a cabo unha proposta que está a gustar moito: “Experimentamos coa auga”, da man de Gotiña, unha nova amiga que lles está ensinando moitas cousas.
Todo arranca na biblioteca, vendo unha presentación que prepara Gotiña. Comezaron polo estado sólido, e estamos de sorte, porque deixáronme para todos vós a presentación que eles xa viron. Preme sobre ela para descargala. 


Como ben di Gotiña, logo foron experimentar ca auga en estado sólido:
Xeo de diferentes cores e formas:
1º. Precisamos xarras con auga en estado líquido
_DSC6281
2º. Engadímoslle tintes alimenticios, e coma por arte de maxia, a auga deixou de ser incolora!
_DSC6284
3º. So quedaba vertela en diferentes formas
_DSC6302
_DSC6296
_DSC6311
4º. E sabedes… ao misturar os tintes primarios conseguimos novas cores!
_DSC6309

Rico xeo con sorpresa doce:
1º Descubrimos novas formas para facer xeo.
_DSC6316
2º Cada un de nós preparou a súa larpeirada xeada
_DSC6327
_DSC6329
3º Ao engadirlle a auga so quedaba metelo ao conxelador e esperar… a que a baixa temperatura fixera o resto!
_DSC6330
Toda unha inolvidable experiencia que nos deixou abraiados, non hai máis que ver as súas caras!


Agora só cabe esperar ao próximo mércores para saber como quedou o xeo e seguir a experimentar cos estados da auga.
Dende logo eu non vou faltar!
Lémonos. LEO

CADERNOS DE BITÁCORA

Rapaces, aquí vós deixo os vosos cadernos de bitácora de esta última semana.

Familia Martínez Mayo (4º Infantil)

MARTÍNEZ MAYO (CARLOS) II 

MARTÍNEZ MAYO (CARLOS) I

Familia Peón Barreiro (5º Infantil)

PEON BARREIRO (ZAIRA)

Familia Cioni (5º Infantil)

CIONI (AGLAIA)

Familia López Garrido (1º Primaria)

LOPEZ GARRIDO (JUAN)

Familia Casal Ramallo (4º Primaria)

CASAL RAMALLO (AINOA)

Ata a próxima!

Lémonos. LEO

xoves, 10 de febreiro de 2011

MOCHILAS VIAXEIRAS!

Como tódalas semanas chegan á Biblioteca os vosos cadernos de bitácora. Estes son os últimos que preparei para vós.

Que vos gusten!

Familia Cordeiro Corbacho (5º Infantil)

CORDEIRO CORBACHO (LUCÍA)

Familia Blasi Moledo (6º Infantil)

BLASI-MOLEDO (UXÍA)

Familia Corbal Benítez (1º Primaria)

CORBAL BENITEZ (LUCÍA) 1

CORBAL BENITEZ (LUCÍA)

Familia Jimenez Montoya (2º Primaria)

JIMENEZ MONTOYA (CARLOS)

Familia El Gad (3º Primaria)

EL GAD (BTESAM)

Familia Bruña Pacheco (4ºPrimaria)

BUÑA PACHECO (MARÍA)

Familia Prauka (5º Primaria)

PRAUKA (JOSHUA)

Familia Ciobotaru (6º Primaria)

CIOBATARU (ADRIAN)

Lémonos. LEO

xoves, 3 de febreiro de 2011

MEMORIA FOTOGRÁFICA CURSO 2009/2010

Velaí vai o fotolibro cos mellores momentos do curso pasado. Querémolo compartir con todos os que nos seguen por internet e non o poden ter entre as súas mans.

Un saúdo lector,

LEO.

DIA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

O pasado venres, 28 de xaneiro tivemos unha conmemoración moi especial. Adiantamos o Día Escolar pola Paz e a non Violencia xa que este ano o día 30 de xaneiro caía en domingo.

Quen sabe por que se dedica este día á Paz?  Pois para lembrar o pasamento de Gandhi, que foi un activista indio pola paz e os dereitos humanos.

Durante a semana estivemos traballando con esta canción do cantautor madrileño Luís Guitarra en clase de música. A ver si vos gusta.

Tamén foi o fío musical do acto que tivemos na tarde do venres.

Coma este ano estamos desenvolvendo un proxecto sobre a auga, os profes nos axudaron a organizar un rastro solidario coas nosas creacións artesanais. Os cartos ímosllos entregar a unha ONG que leva a cabo proxectos para que en países do terceiro mundo poidan ter auga potable .

Velaí vos van unhas cantas fotos.

_DSC6228 _DSC6224

_DSC6249 _DSC6246

Esperamos que vos gustaran os nosos traballos.

Lémonos. LEO

martes, 1 de febreiro de 2011

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: A AUGA (4º parte)

Ola rapaces!

Moi pretiño do noso cole existe unha mini-central hidroeléctrica, e claro, como estamos a traballar sobre a auga, os nenos de 3º ciclo achegáronse a coñecer o seu funcionamento, outra forma de aproveitamento da auga e a importancia da súa existencia no día a día.

Quedamos impresionados polo entorno natural que o rodea e a beleza do río Verduxo no que se atopa.

Lémonos. LEO