mércores, 23 de xaneiro de 2013

PREPARÁNDONOS PARA O “DÍA ESCOLAR POLA PAZ”

Achégase o 30 de xaneiro, e no cole xa se están facendo os preparativos para o “Día Escolar pola Paz”.

Entre outras cousas, xa se están preparando as manualidades que venderemos no “Rastro Solidario”, e como non… a música terá o seu lugar no transcurso do día.

Unha das cancións traballadas é a do grupo musical “Complices”: VERDAD QUE SERÍA ESTUPENDO, pero coa nova versión producida por estes e o artista Huecco.

Verdad que sería estupendo?

Verdad que sería estupendo que las espadas fueran un palo de la baraja,
que el escudo una moneda portuguesa y un tanque una jarra grande de cerveza.

Verdad que sería estupendo que las bases fueran el lado de un triángulo
que las escuadras sólo reglas de diseño y los gatillos gatos pequeños.

Que apuntar fuera soplarle la tabla a Manolito, que disparar darle una patada a un balón,
y que los "Pershing" fueran esa marca de rotulador con los que tú siempre pintas mi corazón.

Verdad que sería estupendo que las bombas fueran globos de chicle
que las sirenas fueran peces con cuerpo de mujer y las granadas una clase de fruta.

Que “Alarma” fuera un grupo de rock and roll y que la pólvora fuera para hacer fuegos artificiales
y que los "Pershing" fueran esa marca de rotulador con los que tú siempre pintas mi corazón,
con los que yo siempre pinto tu corazón.

Y no existiera más arma en el mundo, y no existiera más arma en el mundo,
más que el "mi arma" andaluz

martes, 22 de xaneiro de 2013

luns, 21 de xaneiro de 2013

APRENDENDO A COIDAR A TERRA!

Da man da familia Natura imos coñecer neste contiño como axudar a terra que se atopa en perigo.

Demóstrannos que todos podemos facelo e que aforrar enerxía é sinxelísimo, comezando pola nosa propia casa!

 

Atoparedes moita información para os vosos PDI!

Lémonos. LEO.

martes, 15 de xaneiro de 2013

NOTICIAS SOSTIBLES!

E o PDI segue en marcha… Desta volta trátase de vos informar dunha actividade na que temos implicada á familia.

Co propósito de completar ao máximo a información recollida sobre as Enerxías Sostibles, e a finalidade de avanzar na adquisición das competencias Lingüística e de Tratamento da Información dos nosos cativos, a biblioteca da escola conta dende hai un tempo cun novo recanto para a prensa: NOTICIAS SOSTIBLES!

A tarefa é sinxela: o noso alumnado pode recoller na casa, coa axuda dos familiares, todo recorte de prensa, revista, folleto, referencia en internet… que inclúa unha noticia relacionada coas Enerxías Renovables.

Cada xoves, os mestres recollerán na clase estas novas, que entregarán logo aos coordinadores da Biblioteca para que as expoñan no recanto preparado a carón da columna do PDI (onde se amosan os documentos relacionados coa investigación deste ano).

_DSC2120

_DSC2116 _DSC2125

Toda esta información estará permanentemente na Biblioteca para poder ser consultada; coma os distintos documentos cos que contabamos ou fomos adquirindo.

_DSC2128

“O expositor elaborouse reutilizando cartóns reciclados que viñan nas embalaxes dos mobles para as seccións de aula da Biblioteca”

Xa sabedes rapaces! Non esquezades lembrar na casa que eles tamén vos poden axudar co PDI…

Un saúdo, lémonos,

LEO

luns, 14 de xaneiro de 2013

OS ANIMAIS SALVAN O PLANETA

Dentro do PDI sobre as Enerxías Sostibles, queremos ofrecer esta serie de anuncios publicitarios titulada “Os Animais Salvan o Planeta”, campaña do grupo ecoloxista “Animal Planet”.

Mensaxes publicitarias educativas sobre ecoloxía

Os encargados de elaborar estes cortos foron os Estudios Aardman, os mesmos que crearon “Wallace and Gromit” e “Chicken Run”.

Andade atentos, pois irán chegando máis entregas, e ofrecen unha información moi interesante en só 30 segundos!!!

Lémonos,

LEO

venres, 11 de xaneiro de 2013

HORA DE LER EN 1º CICLO

Para non perder o bo hábito, os nenos e nenas de 1º ciclo volveron recibir a visita dunha nai que quixo compartir con eles a “Hora de Ler”. Nesta ocasión, Lupe e a súa filla Ángela prepararon dous contos: “El traje nuevo del emperador” e “O Poliño repetido”.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA

É moi de agradecer a colaboración que nos estades brindando.

De seguro que seguimos con esta iniciativa. Que mellor modo para fomentar a lectura entre os cativos, que vendo o exemplo dos maiores!!!

Un saudiño. Lémonos,

LEO