mércores, 27 de marzo de 2024
FACTORÍA LECTORA - CLUB DE LECTURA
domingo, 25 de febreiro de 2024
ITINERARIO MATEMÁTICO
No día de onte tivemos a grandísima sorte de poder participar nunha actividade de formación con Rosana Pazos e Víctor Lorán, @matefactoría.
Un luxo poder coñecer, nun encontro de mañá e tarde, a súa grandísima experiencia no ámbito do ensino das matemáticas.
Esta formación está enmarcada dentro do noso Plan de Formación Permanente do Profesorado. Con ela pretendemos facer unha profunda reflexión sobre o modelo a seguir para o ensino das matemáticas e poder elaborar un itinerario que teña en conta todo o proceso evolutivo do alumnado, dende 4º de educación infantil ate 6º de primaria.
Queremos facer especial mención ao claustro e profesorado convidado, polo seu compromiso e vocación docente, sacrificando o seu tempo persoal nunha maratoniana xornada de sábado.
Agardamos que os froitos destas xornadas de formación se poidan ir visualizando pronto, e que o vindeiro curso xa poidamos aplicar un plan ben secuenciado en tódolos niveis educativos da nosa escola.
xoves, 21 de decembro de 2023
CONCERTO DE MAGÍN BLANCO
![]() |
(Fai clic na imaxe para poder ver unhas pouca máis) |
xoves, 2 de novembro de 2023
COMEZA O NOSO PDI
Coa homenaxe que lle fixemos días atrás a Antonio Membrives demos comezo ao noso PDI deste curso. Aquí vos deixamos o cartel de Proxecto Voz Natura para este curso 2023/2024.
O título: "Un espazo para protexer as nosas especies", Coñecemento e protección da flora e da fauna autóctonas.
mércores, 25 de outubro de 2023
AULA DA NATUREZA "ANTONIO MEMBRIVES"
O pasado 24 de outubro, aproveitando a conmemoración do Día da Biblioteca, quixemos outorgar un recoñecemento ben merecido a unha persoa moi especial para nós.
Antonio Membrives, axente medioambiental, leva traballando na concienciación dos nosos pequenos unha chea importante de anos e é un piar fundamental nas nosas investigacións documentais.
Logo de tantos anos pareceunos de xustiza que a nosa Aula da Natureza pasara a levar o seu nome.
A modo de sorpresa, pois el pensaba que viña dar unha charla, preparámolo todo para facer a inauguración e presentar a placa que deixará constancia a partir de agora.
sábado, 15 de xullo de 2023
FASE DE PRESENTACIÓN DO PDI
Velaí vai un vídeo que quere ser unha pequena mostra da última fase do noso Proxecto Documental, a de presentación do aprendido.
O PDI 2023 foi recoñecido no IX Concurso de Traballo por Proxectos na categoría de Proxectos Documentais Integrados, coordinados desde a biblioteca escolar.
Trátase de pequenas pinceladas de cada un dos ciclos.
PRESENTACION_PDI_2023 from O Recanto de Leo on Vimeo.
sábado, 1 de xullo de 2023
A LAMA SPRING SHOW - I FEIRA DE EXHIBICIÓN
O 12 de xuño celebrouse na escola a I Feira de Exhibición do traballo de Alfabetización Mediática e Informacional desenvolvido durante o curso.
"A Lama Spring Show", fixo as delicias de pequenos e maiores... pensándoo ben, máis de maiores; que se puxeron as botas no show cooking "Sabores do Mundo" preparado polo alumnado de 2º ciclo.
"Da horta ao prato" foi a presentación do PDI do alumnado de Educación Infantil e desenvolveuse na sala central da Biblioteca.
Os de 3º ciclo prepararon unha demostración de tódolos recursos da nosa Biblioteca Creativa e Radio na Biblio, ademais do programa Edixgal e recursos de Polos Creativos. Esta parte desenvolveuse nos Laboratorios da Comunicación, Creativo e de Radio da Biblioteca.
E os de 1º ciclo fixeron a súa presentación do PDI "Entre Costuras", no escenario do Salón de Actos. Todo un repaso pola historia da moda e a súa pegada no medio ambiente.
Tamén tivemos unha gran sorpresa: visitounos "A Vella Lulula", un pouco máis maiorciña, pois xa pasaron máis de 10 anos dende a súa gravación.







