luns, 26 de maio de 2014

A ESCALEIRA NOS PREMIOS OLLOBOI 2014

A curta de animación A Escaleira faise co Premio Olloboi Fotoxénico (o máis estético, con mellor imaxe, fotografía, efectos, o máis bonito de ver, con máis estilo, con máis arte, o máis visual) na edición 2014 do Concurso Galego de Audiovisual non profesional.

_DSC0244

O venres 23 tivo lugar en Boiro a gala que foi presentada pola actriz Mónica García, na que ademais “A Escaleira” optaba como finalista aos premios Olloboi DJ (mellor banda sonora) e Olloboi Zamburrioi (mellor traballo).

fotoxenico dj zamburrioi

Os premiados foron:

Olloboi Online – Socas App – CPI Eusebio Lorenzo Baleirón

Olloboi Cómico – Moaña summit 2013 (O pato) - IES As Barxas

Olloboi PeleónDesPrestige, DesEducAcción – IES A Cachada

Olloboi Fotoxénico – A Escaleira - CEIP A Lama

Olloboi DJ – Socas App – CPI Eusebio Lorenzo Baleirón

Olloboi OrixinalA Muller Lamprea – IES As Barxas

Olloboi Escola – Alicia - IES As Barxas

Olloboi Zamburrioi – Música Doméstica

(Podedes ver máis fotos da entrega de premios na seguinte galería de imaxes)

Un saúdo, lémonos,
LEO

martes, 13 de maio de 2014

AO REDOR DO DÍA DO LIBRO… SEGUNDA ACTIVIDADE!

Seguimos a conmemorar o Día do Libro no noso recanto e non podía fallar un clásico para nós... Cámbiocho por un conto!

Os nosos alumnos xunto coas súas familias elaboraron na casa creación literarias; poesías, contos, caligramas, adiviñas, ilustracións, contos sen fin... Dende os mais cativos e ata os maiores, foron lendo para todos as súas creacións e cambiando por un agasallo sorpresa!

Un traballo que nos deixa coma sempre sorprendidos a todos!
Grazas a implicación das familias e de toda a comunidade educativa!

_DSC9093

Aínda vos podedes achegar pola Biblioteca e ver a exposición de tódolos traballos que trouxestes ese día!

Lémonos,
LEO

PDI 2014 “RÍOS E PRAIAS EN BOAS MANS” – PRESENTACIÓN DE 1º CICLO

O alumnado de 1º ciclo recolleu nun gran libro a información recollida durante o desenvolvemento do PDI. Traémosvos a súa presentación para que a poidades gozar.

A MAR DE LIMPO PREV from CEIP A LAMA on Vimeo.

- PINCHA AQUÍ PARA VER O VÍDEO ENTEIRO -

Agardamos que vos guste.

Un saúdo, lémonos,
LEO

venres, 9 de maio de 2014

AO REDOR DO DÍA DO LIBRO… PRIMEIRA ACTIVIDADE!

Este ano o día do libro non foi só o “día” se non que realizamos, ao longo de varios días, diferentes dinámicas.

Comezamos a semana coa visita do contador de contos, Ignacio Vilariño, actor de teatro e coñecedor da arte de dar vida aos monicreques. Deixounos cun amplo sorriso co que comezamos esta intensa semana!

_DSC8924

_DSC8936 _DSC8965
_DSC8933 _DSC8985

Un conto de burros, con música e incluso cun baile??? Parecíanos incrible pero… así foi!

 

Moi pronto amosarémosvos moitas outras actividades que fixemos para conmemorar este día tan especial!

Lémonos,
LEO