mércores, 30 de abril de 2014

A VOLTAS CO PDI… tócalle o turno a os nenos e infantil de 3 e 4 anos

Seguindo cos materiais elaborados, e que foron empregados na fase de presentación do PDI “Ríos e Praias en Boas Mans”, vos achegamos agora a creación dos alumnos de infantil de 3 e 4 anos.

Pancho e Panchita son un pouco “despistados” e fan cousas que non están ben. Os pícaros da Lama, axudados por Monstruíto, explícannos como coidar mellor eses ecosistemas.

PANCHO e PANCHITA from CEIP A LAMA on Vimeo.

(Este vídeo é unha mestura especial para ter os 6 anuncios que vos enlazamos a continuación en 1)

https://vimeo.com/92459942 
https://vimeo.com/92459943 
https://vimeo.com/92466231 
https://vimeo.com/92459945 
https://vimeo.com/92459946 
https://vimeo.com/92464479

Agardamos que vos gusten.

Un saúdo, lémonos,
LEO

martes, 29 de abril de 2014

MERCADO SOLIDARIO DE LIBROS

Continuando coa programación do Día do Libro, o venres pasado tiñamos previsto un mercado solidario na praza da vila. Tivémolo que aprazar por mor do tempo, pero como xa veriades anunciado nos carteis, finalmente será mañá día 30 de abril.

rastro2

A recadación destinarámola nesta ocasión á Asociación Cultural Río Barbeira, que traballa na nosa contorna conservando este espazo e organizando actividades culturais.

rastro1

Non deixedes de vir.

Lémonos,
LEO

luns, 28 de abril de 2014

E AGORA TÓCALLE O TURNO A… 3º CICLO

Continuando coa fase de presentación do PDI “Ríos e Praias en Boas Mans”, pasamos a contarvos o traballo realizado polo alumnado de 3º ciclo de primaria.

Eles centráronse nun espazo natural protexido: As dunas de Corrubeda e as lagoas de Carregal e Vixán.

_DSC0633 _DSC0579
_DSC0585 _DSC0600

Durante a fase anterior, de procura e tratamento  da información, foron recabando abundantes datos que ían quedando recollidos en fichas e plasmados en todo tipo de traballos.

Con todo isto elaboraron unha exposición no escenario do salón de actos, que aínda se pode visitar, e pola que guiaron a todos os seus compañeiros e profesores da escola.

_DSC0642 _DSC0644
_DSC0617 _DSC0592

Esta semana convidarán tamén ás familias, para que poidan gozar co traballo realizado e escoitar de primeira man as súas explicacións.

Andade atentos, que seguiremos publicando novas sobre esta fase de presentación.

Lémonos,
LEO

martes, 22 de abril de 2014

COMEZAMOS A EXPOÑER… FASE DE PRESENTACIÓN DO APRENDIDO!

Despois dun intenso curso, traballando arreo no noso PDI, chega a última fase: a presentación do aprendido.

_DSC0649

Ao longo da última semana tódolos alumnos e mestres fomos escoitando, observando, experimentando, descubrindo... os diferentes traballos de investigación dos nosos compañeiros; e do mesmo xeito, expoñendo o noso propio.

Hoxe queremos presentarvos unha parte do labor dos máis cativos; os nenos de infantil.

Neste ciclo comezaron a exposición os de 6º de infantil, que entre outras actividades, investigaron a cerca das persoas que teñen a cotío nas súas mans os nosos río e praias: “As mariscadoras e os pescadores”.

Reunidos na nosa biblioteca escoitamos con moita atención todo o que aprenderon con axuda da súa presentación coa que nos agasallaron!

_DSC0655
_DSC0658 _DSC0654

Velaí vos deixamos o seu caderno de recollida da información.

Moi pronto iremos compartindo máis traballos de tódolos cursos!

Lémonos. LEO.