venres, 25 de outubro de 2013

24 de Outubro - DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola a todos!

Como ben sabedes, onte conmemoramos o Día das Bibliotecas Escolares, e hoxe tivemos un encontro no noso Recanto de Leo, para compartir as actividades que se desenvolveron nas aulas.

Unha delas: Que é unha Biblioteca para ti?, deixounos este ano esta fermosa colaboración das familias dos nenos e nenas de Infantil.

Que é unha biblioteca para ti? from CEIP A LAMA on Vimeo.

Agardamos que vos guste, lémonos,

LEO

martes, 22 de outubro de 2013

UNHA PRIMEIRA VISITA IMPORTANTE NA NOSA BIBLIOTECA!

Os novos alumnos de infantil que chegan por primeira vez ao cole tamén o fixeron á nosa Biblioteca.

Nesta ocasión Leo recibiunos da man dos nosos voluntarios que estaban ansiosos de volver a traballar e sobre todo cos máis pequenos.

_DSC6605

Prepararon todo o necesario; novos carnés, puntos de lectura, as normas dos recantos e... foron a buscar por sorpresa aos pequerrechos!

 

_DSC6603 _DSC6642

_DSC6614

Os novos usuarios non dubidaron en escoller o conto que querían levar para a casa e mesmo lle pediron aos voluntarios que compartiran con eles a Hora de Ler.

 

_DSC6641 _DSC6622

Xa fomos vendo dende aquel primeiro día que todos estiveron ben atentos e que agora non deixan de virnos visitar!

_DSC6647

E como xa din eles… Lémonos!

LEO

luns, 21 de outubro de 2013

CO NOVO CURSO… NOVAS MOCHILAS VIAXEIRAS!

_DSC6653

Erades moitos os que queriades saber cando ían saír, cantas mochilas teríamos por clase, se había Cadernos de Bitácoras...

Pois ben, o pasado martes comezaron a súa longa e fascinante viaxe polos fogares dos nosos cativos as Mochilas Viaxeiras!

_DSC6652

Documentos variados e en varios idiomas; pelis, libros de consulta, poesías, videoxogos, narrativas, libros de manualidades… e como non, o noso Caderno de Bitácora

Un caderno para que cada familia deixe a súa pegada e nos conte a todos que foi o que máis lle gustou, que cousas podemos mellorar, recomendar algunha lectura… ou simplemente contarnos como foi ese momento de lectura en familia!

Logo poderedes velo no Blogue e gozar cos traballos dos demais!

_DSC6650

Xa sabedes… agora só queda esperar!

Lémonos. LEO!

mércores, 2 de outubro de 2013

OUTUBRO: MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Como ben sabedes, o día 24 de outubro festexaremos o Día das Bibliotecas Escolares. Coma tódolos anos, a Asesoría de Bibliotecas Escolares editou un cartaz conmemorativo.

Este ano o lema é: “Ler Ciencia na Biblioteca Escolar”.

Por non perder os bos costumes, dúas actividades: “Decobiblio” e “Que é unha biblioteca para ti?”, serán as propostas para que o noso alumnado, dende a casa ou na aula se acheguen á Biblioteca a través da súa creatividade.

Outra das novidades, da que vos iremos dando conta é a incorporación de "5 “E-Readers” aos nosos recursos.

A Consellería de Cultura, Educación e OU, incuíunos no proxecto E-LBE, e enviou unha partida de cartos para a adquisición destes aparellos coa finalidade de traballar este xeito concreto de lectura electrónica.

Estade antentos á súa presentación, polo de agora só vos podemos dicir que estamos organizando o espazo e as normas de uso, ademais de seleccionar os “E-Books” que lles cargaremos.

Un saúdo, lémonos,

LEO

lerciencia_cartaz_petit