luns, 25 de marzo de 2013

UN SOÑO CUMPRIDO…

(Aínda que levamos un tempo caladiños, e a actualización do “Recanto de Leo” non foi posible do xeito que nos gusta, agardamos que agora entendades o por que…)

Un dos obxectivos que nos plantexabamos no noso Proxecto de Biblioteca Escolar, aló polo curso 2008/2009, era convertela nunha ferramenta indispensable para a adquisición das competencias básicas nos eidos lingüístico e de acceso e tratamento da información.

Xa avanzado o noso primeiro ano no PLAMBE, ocorréusenos que a Biblioteca podía contar cos medios técnicos precisos para desenvolver actividades nas que o noso alumnado tomara contacto cos fundamentos da chamada Alfabetización Mediática e Informacional.

E así comezamos a andaina, sen un rumbo estrito (pero si firme), probando e gozando da creación e tentando de sementar esa inquietude entre os nosos nenos.

A medida que as creacións gañaban en complexidade, comezamos a pensar que era o momento de que o Equipo de Biblioteca deseñara un novo espazo que permitira enfrontarse con moitos máis recursos a eses “novos retos”.

Pois ben… Xa o temos!

A maquinaria comezou a funcionar e os traballos se intensificaron despois deste Nadal. O que vos amosamos nas seguintes fotos é un anaco deste “Laboratorio da Comunicación” (por mor do concurso “Nós tamén creamos!” non podemos amosalo todo. Xa entendedes…).

 

_DSC2105

_DSC2089 _DSC2099
_DSC2103

_DSC2100_DSC2109
O Laboratorio conta cunha cabina insonorizada para poder gravar as voces dos nosos alumnos, independentemente de outras actividades simultaneas.

_DSC2082 _DSC2106

Agora toca gozar das posibilidades deste espazo e dos medios técnicos cos que o estamos dotando.

Un saúdo, lémonos,

LEO

mércores, 20 de marzo de 2013

NÓS TAMÉN CREAMOS!


Xa comezamos!

Onte recibimos a visita dos representantes da editorial OQO, que nos achegaron a selección de títulos proposta para este ano.

O concurso é unha iniciativa conxunta da editorial OQO e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, e conta coa colaboración da CRTVG.

Neste momento o equipo creativo está debatindo que título adaptará este ano.

NosTamenCreamos_MEJU-1
_DSC6246 _DSC6241

O curso pasado foi “A Vella Lulula”, que deixou un moi bo sabor de boca entre o noso alumnado e as familias.

A nosa ilusión está posta en sorprendervos. Agardamos poder facelo!

Un saúdo, lémonos,

LEO

mércores, 6 de marzo de 2013

SEGUINDO COA INVESTIGACIÓN… “PDI: AS ENERXÍAS SOSTIBLES”

O pasado venres, 1 de marzo, tivemos unha nova saída investigadora para procurar información sobre a temática do noso Proxecto: “As Enerxías Sostibles”.

Nesta ocasión tocáballe a quenda á Enerxía Solar, e sabedores de que no concello de Portas había unha empresa (www.inteledesolar.es) que organizaba visitas para escolares, alí fomos cos alumnos de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria, xa que o resto do cole iría o luns, 4.

Só podemos ter palabras de agradecemento para eles, que tan ben nos acolleron, e tan boas explicacións nos deron sobre o aproveitamento da Luz Solar e a súa conversión en Enerxía Eléctrica e Calorífica.

_DSC1769

A sesión comezou cunha explicación e rolda de preguntas nunha cuberta solar experimental, onde fan as probas dos distintos tipos de placas e transformadores, para poder ofertar aos clientes os produtos máis eficientes.

Alí aprendemos a diferenciar entre as placas fotovoltaicas e as térmicas; as primeiras produtoras de electricidade, e as segundas para quentar auga.

_DSC1763 _DSC1764

Máis tarde nos dirixiron a outra instalación próxima na que continuamos a recibir moitos datos sobre a Enerxía Solar, e ate tivemos a oportunidade de tocar unha placa fotovoltaica.

_DSC1787 _DSC1783
_DSC1791 _DSC1797

Unha das preguntas que xurdiu, e que nos resolveron axiña, foi: “De que material están feitas?” Resulta que o Silicio é o máis importante para a produción de placas xeradoras de electricidade.

Outra dúbida importante era se a electricidade que se producía xa se podía empregar directamente para enchufar un ordenador ou calquera outro aparello doméstico. E tamén nos explicaron que non, que era precisa una transformación, para converter a corrente en alterna, xa que a que produce a placa é continua (como a das pilas), ademais de ser precisa a transformación da voltaxe a 220 voltios.

Como todos estes conceptos se nos escapaban un pouquiño, nós quedámonos con que a corrente que saía da placa entraba nun aparello e saía del preparada para o seu uso nas nosas casas.

 

_DSC1804 _DSC1818

Outro factor importante era o de saber a corrente que se subministraba á rede, para o que a instalación contaba cun contador que rexistraba produción e o consumo.

_DSC1821

A verdade é que alumnos e profesores quedaron contentísimos coa visita, xa que foi moi proveitosa.

Agardo que a vós tamén volo pareza.

Un saúdiño, lémonos,

LEO