sábado, 26 de novembro de 2011

PDI “O BOSQUE”: ECOESPAZO DE O REXO

Non pensariades que me esquecín desta saída que realizamos na fase de motivación do noso PDI.

Fai xa algo máis dun mes que fomos a Allariz a visitar, entre outras cousas, o Ecoespazo de O Rexo, un lugar que nos deixou abraiados, non só por todo o que alí aprendemos senón pola marabilla de animadores que nos amosaron todas as instalacións, responderon as nosas preguntas e adicáronnos gran atención.

Se estades a pensar en achegarvos por alí, nós asegurámosvos que paga a pena. Se acaso tedes algunha dúbida mirade este vídeo.

Unha boa forma de animarvos para investigar sobre o noso PDI!

Lémonos. LEO.

venres, 25 de novembro de 2011

BIBLIOTECAS ESCOLARES EN TRÁNSITO

Ola nenos:

A finais do curso pasado recibimos a petición da Consellería de Educación, a través da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de que participáramos na rodaxe dun vídeo sobre as Bibliotecas Escolares, con outros 30 centros galegos.

O vídeo estreouse no congreso “Bibliotecas Escolares en Tránsito” celebrado en Santiago os 10, 11 e 12 de novembro, diante de 500 persoas, representantes de todas as comunidades autónomas españolas.

 

Biibliotecas Escolares en Tránsito [GAL] from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

Agardamos que vos gustara, tanto como a min.

Unha aperta moi grande a todos. Lémonos,

LEO

xoves, 24 de novembro de 2011

PDI “O BOSQUE”: EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA

Con gran ledicia achégovos algunhas fotos da nosa exposición ao redor do PDI “O bosque”.

Xa a puidestes ver durante a fase de motivación e agora comezaron a súa andaina en empréstito polas aulas e polas vosas casas, pero aínda tedes moitos na biblioteca.

DSC_0194

DSC_0199DSC_0219

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Unha seleción de documentos que vos portarán gran información para logo transformar en coñecementos durante estes meses de investigación!

DSC_0226

_DSC_0220DSC_0197

DSC_0201

DSC_0203DSC_0223

Lémonos… ao redor dos bosques!

LEO

mércores, 23 de novembro de 2011

martes, 22 de novembro de 2011

QUE É UNHA BIBLIOTECA PARA TI? (5º PARTE)

Hoxe imos ver o que fixeron os nenos de 5 anos polo Día das Bibliotecas Escolares.

Logo de aprender na biblioteca que é a banda deseñada, realizaron un cómic que nos presentaron en formato de vídeo, mesmo gravaron os textos que eles compuxeron no noso Laboratorio da Comunicación!

Un traballo que remataron coa elaboración dun mural no que deixaron plasmados tódolos seus bocadillos.

_DSC3103

Moi ben rapaces!

Unha aperta. Lémonos. LEO

domingo, 20 de novembro de 2011

OUTRA DE PIXAR!

Xa non é a primeira vez que vos deixo este tipo de agasallo, e que… son ben divertidos!

Unha historia sen palabras, con música e unha animación de gran calidade; son os ingredientes que fan desta curtametraxe unha forma ben distinta de “ler”.

Pixar, como moitas outras veces, volve a sorprendernos!

Boa fin de semana!

Lémonos. LEO

mércores, 16 de novembro de 2011

QUE É UNHA BIBLIOTECA PARA TI? (4º PARTE)

E tamén os nenos de 4º de primaria fixeron un cómic para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares.

Ademais fixeron uns debuxos moi “chulos” dos espazos que temos en ela!

 

Moitas cousas temos ao redor do Día das Bibliotecas Escolares.

Lémonos. LEO

HOXE É MÉRCORES… TOCA A MOCHILA VIAXEIRA!

Déixovos os Cadernos de Bitácora que están nas mochilas dos nosos nenos.

Lémonos. LEO.

martes, 15 de novembro de 2011

QUE É UNHA BIBLIOTECA PARA TI? (3º PARTE)

Xa me tardaba deixarvos algúns traballiños máis que xurdiron por mor do Día das Bibliotecas Escolares.

Hoxe déixovos o cómic dos máis pequechos; os nenos de 4º de Infantil, que con moito “chollo” elaboraron esta xoia de libro!

Aínda que son pequenos… moito saben!
 
 
Esperade, que teño algo máis para vós!
 
É a banda deseñada dos nenos de 5º de Infantil que amosan unha historia fantástica que acontece na nosa biblioteca: É que un día… desapareceron tódolos libros! Onde foron? Mellor que volo conten eles mesmos!
 
Que ben feito, rapaces!

Unha aperta. LEO

domingo, 13 de novembro de 2011

QUE É UNHA BIBLIOTECA PARA TI? (2º PARTE)

Como era algo difícil meter nesta pantalla (polo seu tamaño) os cómics elaborados por 6º e 3º de Primaria, poderédelos ver nestas fotografías tomadas durante a presentación.

_DSC2672

_DSC2737

Non esquezades que todos estes contos se atopan na nosa biblioteca para que os podades ler!

Lémonos. LEO

mércores, 9 de novembro de 2011

QUE É UNHA BIBLIOTECA PARA TI? (1º PARTE)

Polo 24 de outubro festexamos o Día das Bibliotecas Escolares, como non, na nosa biblioteca!

Ademais de outras actividades, como a xa coñecida “Decobiblio”, propuxen aos nenos que pensaran en forma de banda deseñada “Que é unha biblioteca para ti?”

Desta sinxela pregunta saíron abraiantes traballos que me deixaron sen palabras, e mirade que iso é difícil con tódolos libros que eu teño lido!

Non falo de broma… foron alucinantes as vosas creacións!

Aquí vos deixo os cómics dos nenos de 1º ciclo e pouco a pouco iredes vendo máis.

Espero que o gocedes tanto como o gozamos nós aquel día!

 
 

Un saúdo, lémonos.

LEO

martes, 8 de novembro de 2011

PDI “O BOSQUE”: FESTIVAL INTERNACIONAL DE XARDÍNS DE ALLARIZ

Como xa vos dixen nunha entrada anterior os nenos de infantil, 1º ciclo de primaria e máis eu, fomos a Allariz, agora vou seguir contándovos parte da nosa viaxe.

Non poderemos esquecer facilmente a visita ao Festival Internacional de Xardíns de Allariz, aberto dende maio e que pechará as súas portas este mes.

banfestival2011(1)

Como esperabamos fixeron as delicias de grandes e maiores envolvéndonos coas súas cores, texturas, son…

DSC_0437

Os oito xardíns efémeros, que este ano compoñen a 1ª edición do festival, foron deseñados polo gabinete de arquitectura paisaxista dirixido polo prestixioso profesor Francisco Caldeira Cabral. A beleza dos deseños vai acompañada de propostas orixinais que provocarán a sorpresa e a admiración facendo difícil a escolla, mediante votación, do xardín máis valorado. Pero nós tras moito dubidar tamén deixamos o noso voto, e agora… a ver quen gaña!

DSC_0395

DSC_0396

Grandes bechos que nos fixeron sentir moi, moi pequerrechos… aínda que eu o que esperaba ver era algún ratiño…

A que si saiu a saudarnos antes de marchar foi esta diminuta ra; toda unha sorpresa!

_DSC2359

Menuda tarde que pasamos!

Lémonos. LEO

mércores, 2 de novembro de 2011

NOVOS CADERNOS DE BITÁCORA

Ufff… que frío! Menos mal que grazas ás Mochilas Viaxeiras podemos pasar divertidas tardes de inverno en familia.

Aquí vos deixo os vosos traballos!

Un saudiño para todos!

Lémonos. LEO

martes, 1 de novembro de 2011

PDI “O BOSQUE”: CON AGUSTÍN IBARROLA!

Levamos case un mes traballando no novo PDI deste ano: “O bosque”, e coma sempre comezamos pola fase de motivación.

Cos nenos de infantil e 1º ciclo de primaria realizamos unha saída a Allariz, xa que había moitas cousas que nos interesaban. Tantas cousas eran, que non son capaz de meter todo nesta entrada, polo que iredes vendo pouco a pouco a nosa viaxe.

Hoxe quero comezar mostrándovos un espazo único en Galicia, obra do artista Agustín Ibarrola, sobre o que os cativos de infantil queren investigar no seu PDI pola súa relación co bosque e a arte.

Mirade o lugar que descubrimos ao carón do Ecoespazo do Rexo que fomos a visitar. Resultou incrible para todos, xa que atopar un bosque pintado non deixa indiferente a ninguén.

_DSC2274

Foi moi acertado que as “profas” de infantil atoparan este lugar xa que van a traballar “Bosques de conto, contos de bosques”, e claro, un bosque pintado é como un bosque de conto!

Agora temos moitíííííísima información e coñecementos novos para logo descubrir máis de preto a este gran artista que formará parte de noso PDI.

Ummmm… que morriña me da ver estas fotos, co ben que o pasamos non me chega a hora de voltar!

Lémonos. LEO