martes, 26 de xullo de 2011

SOMOS DINOSAURIOS!

O festival deu lugar a situacións inesperadas e insólitas, ou é que alguén esperaba atoparse con oito dinosauros?

Unha “voz” explicounos que fai moitos, moitos anos a terra estaba habitada por grandes dinosauros, pero tras a colisión dun gran meteorito contra o noso planeta todos desapareceron. Aínda que oito conseguiron sobrevivir, e están agochados na clase de 6º de Infantil.

Estes oito xurásicos animais desfilaron con moito ritmo e explicáronnos todo o que aprenderon sobre eles nestes últimos meses de traballo.

Logo, xuntos, cantaron unha cantiga propia á que titularon “Somos dinosauros”. Mirade como foi todo!

 

Lémonos. LEO.

martes, 19 de xullo de 2011

PACO PAPÁN… COA CLASE DE 4 ANOS NO FESTIVAL!

Creo que non queda ninguén no noso cole que non coñeza a Paco Papán, o protagonista dun conto da editorial OQO, que leva por título o nome deste neno.

A andaina dos rapaces de 5º de Infantil ao redor deste contiño comezou o curso pasado, cando só tiñan 3 anos.

Un día, a mestra, como por arte de maxia, “atopou” este conto no recanto da asemblea, e claro, como bos lectores, non dubidaron en lelo. A historia enganchounos enseguida e axudounos a entender iso tan alleo para eles, como eran os días da semana.

Paco, que falaba ás veces coa mestra, díxolle que se todos aprendían os sete días da semana, amosaríalles unha cantiga ben divertida. E cando o conseguiron chegou á clase este vídeo.

O conto era un dos preferidos da clase, pero non era o único, e quedou un pouco na lembranza de todos.

Neste curso, xa máis maiores, con motivo do Día da Libro, a clase dixo: “e se traballamos con Paco Papán?”. Ese día facer o vestiario, o atrezzo, as maquillases… foi un xogo ben divertido, xa que todo o que empregaron foron cousas que atoparon na aula e polo cole! Unha maneira única de “reler” e de aprender cousas novas dunha mesma historia, xa que desta vez traballaron máis as profesións que aparecen, o número de personaxes, os tempos da narración… e mesmo debuxaron cada un a súa personaxe e recolleron as características máis significativas.

Como non podía ser doutra forma, a guinda deste traballo foi o festival, xa que decidiron que esa era a actuación que querían facer. Despois dos ensaios e dun duro traballo de costura este foi o resultado:

 

Resultou un traballo moi completo no que tanto os nenos coma os mestres aprendemos moito… mesmo hai algún que está sendo absorbido pola súa personaxe, non sí Paco?

Unha aperta. Lémonos!

LEO

martes, 5 de xullo de 2011

BOAS NOVAS!

Ola rapaces! Hoxe vos achego unha boa noticia! O espazo www.leer.es do Ministerio de Educación concedeunos o selo “Buena Práctica Leer.es” polo PDI sobre a Auga!

Que ben, e que ánimo vos ten que dar para seguir traballando así.

Aquí tendes unha captura de pantalla do portal. Se picades nel ou no selo que está á dereita poderedes ler a referencia e visitar outras experiencias que tamén obtiveron este recoñecemento.

leer_es

Seguide así de traballadores, e animade aos profes para que o vindeiro proxecto sobre O Bosque vos salga aínda mellor.

Un saúdo a todos. Lémonos,

LEO

sábado, 2 de xullo de 2011

DEICA PRONTO!

É tempo de despedidas… hoxe queremos facer unha mención especial aos alumnos de 6º de primaria que deixan o cole!

Deica pronto rapaces… e xa sabedes onde estamos!

_DSC9608

Lémonos. LEO.