luns, 27 de xuño de 2011

OS NENOS DE TRES ANOS… VEÑEN VOANDO AO FESTIVAL!

Aquí vos deixo os mellores momentos da actuación dos nenos de 4º de Infantil do cole no noso festival!

Moi pronto poderedes ver máis actuación para facer máis curto este verán!

Lémonos. LEO.

venres, 24 de xuño de 2011

NESTE VERÁN… LÉMONOS!

Xa remata o curso e ata setembro non volverá a encherse a Biblioteca… unha magoa pero… non quixera que deixedes de ler.

Velaí van as recomendacións lectoras para este verán!

 
 

Non esquezades que neste verán lémonos no blog!

Un saúdo!

LEO

luns, 20 de xuño de 2011

CEIBE 2011

XA ESTÁ AQUÍ! A NOSA REVISTA CEIBE XA SAÍU Á RÚA!

Velaí vai en versión dixital.

Espero que vos guste. Un saúdo.

Lémonos,

LEO

domingo, 19 de xuño de 2011

O CORPO E A PALABRA

Unha animación que vos enganchará ata o seu fin!

Fixádevos como os corpos, mentres trepan por unha parede imaxinaria, constrúen… palabras!

 

Lémonos.LEO

mércores, 8 de xuño de 2011

CADERNOS DE BITÁCORA!

Outros pouquiños Cadernos de Bitácora para que vexades o ben que traballades!

E non esquezades que… lémonos!

LEO.

martes, 7 de xuño de 2011

PDI 2010/2011…. “A AUGA”

Moitos puidéchedes ver outras entradas que fomos deixando no Blog a cerca do traballo que fixemos ao redor do PDI deste curso “A auga”.

Agora recollémolo neste video… espero que gocedes vendo o traballo tan ben feito de todos!

Deica pronto!

Lémonos. LEO.

MOCHILAS VIAXEIRAS

Os vosos traballiños rapaces!

 

Lémonos. LEO.

luns, 6 de xuño de 2011

NOVOS ESPAZOS!

Xa chegando ao fin deste curso, compre mirar cara atrás e… cantas cousas fixemos!!!!!!!

Mirade neste video un resumo dos novos espacios que inaguramos este curso!

Lémonos. LEO

domingo, 5 de xuño de 2011

NOVOS CADERNOS DE BITÁCORA

Estes son os últimos cadernos que viaxaron nas Mochilas Viaxeiras, e que voltaron cos traballiños que fixestes en familia!

 

Lémonos. LEO

xoves, 2 de xuño de 2011

UN POUCO DE MEMORIA…

Os profes e máis eu andamos estes días enfrascados facendo balance do curso: que si memoria do PLAMBE, que si Revista Escolar…

E mira ti, o de revisar tantas fotos deunos para facer outro vídeo.

Velaí tendes un resumo de todo o que traballastes na Biblioteca este ano. Que gozada!

Un saudiño. Lémonos.


LEO