luns, 30 de maio de 2011

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011

A historia do Día das Letras Galegas comeza formalmente en marzo de 1963, cando tres membros da Real Academia Galega, Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, envían unha carta ao presidente da institución, Sebastián Martínez Risco. Despois dos “papeleos” estes pioneiros lograron que se recoñecera ao 17 de maio como o día das Letras Galegas, o día da nosa lingua.

Este ano, como xa sabedes, adicouse a Lois Pereiro, e con el e a súa obra fixéronse moitos traballos no noso cole. Podedes velos resumidos neste video!

Lémonos. LEO

mércores, 25 de maio de 2011

PODEMOS FACER DOS CONTOS UNHA REALIDADE?…

O poder dos contos ten o límite na vosa propia imaxinación, e senón vede este video no que Argine, unha nena ben lectora, consegue que os contos sexan algo máis que contos.

 

Lémonos. LEO

xoves, 19 de maio de 2011

CADERNOS DE BITÁCORA!

Despois destes días de festa, por mor das Letras Galegas, aquí vos deixo os últimos cadernos das vosas mochilas viaxeiras!

 

Lémonos. LEO

xoves, 12 de maio de 2011

OS PEQUECHOS, PRIMEIRO EXPLORADORES E LOGO AO TEATRO!

Os nenos de infantil fixemos unha saída curtiña pero ben divertida!

Fomos a Pontevedra para ir ao teatro a ver “Cando raia o sol”.

Antes de chegar, fixemos unha paradiña no centro da cidade, no parque de Barcelos, xa que os nenos de 5 anos tiñan algo que buscar, e os demais fomos axudalos.

Os rapaces de 6º de Infantil están a traballar ao redor dos dinosauros e xa levaban moito tempo buscando no areeiro do cole algún fósil, pero nunca aparecía… un paxariño contounos que no parque de Barcelos había algo soterrado que nunca ninguén conseguira atopar.

O misterio era tal que non puidemos evitar achegarnos para ver se atopabamos algo. E así foi, atopamos un gran fósil pero volvémolo a tapar. A ver se vós tamén o atopades!

DSC_0004DSC_0002

DSC_0003

A obra xa ía comezar, había que ir cara o teatro!

_DSC8915_DSC8910

Lémonos. LEO

mércores, 11 de maio de 2011

POÑENDO A NOSA SEMILLA CARA UN MUNDO MÁIS VERDE!

Todos sabedes onde están as famosas Ermitas de A Lama. O pasado venres achegámonos ata alí para pasar a xornada axudando á natureza plantando 500 árbores!
Precisabamos moita axuda para facerlo e dende o Concello e a Biblioteca Municipal chegaron moitos voluntarios que nos explicaron unha morea de cousas. E non podía faltar Antonio, o “noso” garda forestal, que sempre nos ensina tanto e tan interesante!
Mirade como foi o día!
Ide tomando nota xa que o 2011 é o Ano Internacional dos Bosques!
Lémonos. LEO

venres, 6 de maio de 2011

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR E… NA NOSA BIBLIOTECA!

A Xunta pon en marcha a campaña “O sabor da aventura está no mar”, a través da cal, 19.000 nenos e nenas consumirán peixe galego fresco. A iniciativa arrancou o 13 de outubro pero a nós chegounos o pasado xoves.

A Consellería do Mar pretende proporcionar coñecementos sobre o mundo do peixe aos nenos e transmitirlles a importancia da presenza do peixe e do marisco na dieta, incidindo nas súas achegas nutritivas. Isto fanno dun xeito lúdico e formativo, a través de dúas liñas de acción, un obradoiro dunha hora de duración por cada grupo de idade e o cátering semanal de pratos preparados a base de peixe galego fresco.

O obradoiro inclúe un breve conto no que os protagonistas, os 7 rapaces que vedes nesta imaxe, teñen cada un un súper-poder vencellado a cada unha das vitaminas das especies que se van repartir nos centros escolares.

Invítovos a visitar a súa páxina web a todos, xa que ten un montón de receitas ricas, conselliños para as familias, concursos para os nenos, xogos… todo o preciso para que os cativos coman máis e mellor peixe:

 http://www.osabordaaventuraestanomar.com/index.php

Aquí vos deixo algunhas imáxenes do ben que o pasamos ese día.

 

 

Ummm… que rico! Creo que xa sei que comerei hoxe!

Lémonos. LEO

xoves, 5 de maio de 2011

FINAL DO PDI: 3º CICLO

Os maiores do cole decidiron investigar: “OS USOS DA AUGA”

Pronto descubriron, como ben nos contaron o día da presentación, que a auga ten infinidade de usos e que é fundamental, moito máis do que pensamos, no día a día.

Para presentar todo o que aprenderon realizaron un libro, que podedes ver cando queirades na biblioteca, e que nos mostraron algúns nenos das clases.

_DSC8040

_DSC8036_DSC8038

Despois vimos unha presentación que fixeron eles mesmos ao longo destes meses e que vos deixamos aquí .

Ben feito rapaces!

Lémonos. LEO

CONCIENCIANDO AOS NOSOS CATIVOS: USO RESPONSABLE DAS REDES SOCIAIS.

Hoxe en día a forza das redes sociais é unha realidade que nos preocupa cada vez máis a educadores e familias.

No cole tamén queremos formar aos nenos nesta área tan importante na era dixital na que estamos envoltos.

Organizámonos coa Garda Civil para que os alumnos de 2º e 3º ciclo recibiran unha charla informativa a cerca dos riscos que supón navegar nas redes sociais, e conciencialos de que a pesar de que é moi divertido, a rede non é un xogo.

Agradecemos a iniciativa desta campaña que propón o Ministerio do Interior xa que a nós axudounos moito.

Déixovos un vídeo moi interesante que explica dunha maneira moi clara os riscos que supón o mal uso das redes sociais. É un video realizado polo Defensor do menor da Comunidade de Madrid coa colaboración de Telefónica e Caja Madrid.

Entre todos faremos unha rede máis segura!

Lémonos. LEO

mércores, 4 de maio de 2011

CADERNOS DE BITÁCORA!

Como tódalas semanas algo novo ven nos vosos cadernos de bitácora…

Lémonos. LEO

FINAL DO PDI: 2º CICLO

Chega o momento de que os nenos de 3º e 4º de primaria amosen o seu traballo!

Eles investigaron: “O CICLO DA AUGA”

Despois dun traballo de recompilación da información, procederon a transformala en coñecementos á vez que realizaban entre todos un gran mural.

_DSC8800_DSC8803_DSC8807_DSC8809

Para amosarnos o aprendido realizaron diferentes contos, e descubríronnos algunhas das páxinas web coas que traballaron.

Ben orgullosos teñen que estar de todo o que fixeron e o que aprenderon!

Lémonos. LEO