xoves, 28 de outubro de 2010

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: A AUGA (1ª parte)

A idea de comezar cos PDIs xurdiu o curso pasado, e aínda que xa levamos un mes oíndo falar disto, quérovos presentar hoxe esta nova iniciativa que se está a levar cabo dende o 1 de outubro: O Proxecto Documental Integrado sobre a auga.

Cada ciclo elixiu un aspecto a traballar, xa que esta temática é moi ampla, pero non quero ir adiantando demasiado.

Ao longo deste último mes levamos a cabo a 1ª fase do Proxecto: a motivación.

Nela realizaremos diferentes actividades como estas que vos presento:

  • Exposición de documentos: Para elo, buscando e rebuscando pola Biblioteca, atopei moitos e mos diferentes documentos que nos achegan ao mundo da auga e a súa gran variedade: libros, documentais, audicións… unha chea de recursos para grandes e pequenos.

_DSC3452

  • Saídas: para a primeira escollemos visitar Ourense, unha cidade na que a auga ten un sentido e un sentir diferente, como xa sabedes acaba de ser nomeada como “cidade termal” por excelencia. Percorremos as súas rúas, visitamos as fumeantes Burgas, vimos o río Miño e pasamos polas súas numerosas pontes, fixemos a ruta termal dende a Chavasqueira ata Outariz seguindo os pasos da corrente do río… e mesmo nos demos un relaxante baño nas súas augas curandeiras.

_DSC3572

Na 2ª fase do proxecto, os alumnos deberán facer a procura de información, e na o tratamento desa información obtida, presentando as súas conclusións nos traballos que xa estamos agardando con moita ansia.

Andade atentos, que estes días sairán máis fotos da saída a Ourense, e da exposición.

Un saudiño, lémonos,

LEO

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES… NA NOSA BIBLIOTECA

Xa sabedes que o pasado 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares, e como xa vos contei en anteriores entradas, no cole preparamos actividades especiais e concursos que fixeron de onte un día moi especial.

Soou o timbre do fin do recreo e os voluntarios puxéronse en marcha. Cumprindo co seu labor foron na procura de tódolos nenos do cole para que acudiran á Biblioteca xunto cos seus mestres. Como vedes estabamos todos xuntos na nosa Biblioteca!

_DSC3473

Os nenos aplicáronse a fondo durante estas últimas semanas e tanto pequenos como maiores participaron nos diferentes concursos con moitas gañas.

Tanto os cativos de infantil como os de 1º ciclo esmeráronse moitísimo na decoración das súas Bibliotecas de aula e custou moito decidir o primeiro premio do “I Concurso de Decobiblio”.

Estes foron os participantes:

005

011

009

003

007

Algúns nenos en representación de cada clase recolleron orgullosos os diplomas honoríficos.

_DSC3476

_DSC3479_DSC3480

_DSC3481

E mesmo nos contaron como o fixeron!

_DSC3469

E… o 1º Premio foi para… a clase de 5º de Educación Infantil.

_DSC3485

_DSC3487

_DSC3502

Os maiores de 2º e 3º ciclo foron unha gran sorpresa para todos, xa que traballaron arreo e elaboraron uns libros moi fermosos, que poderedes ver máis polo miúdo na Biblioteca. A través deles amosáronos a súa visión de “Que é unha Biblioteca para ti?”

_DSC3451

Eles tamén recolleron os seus diplomas:

_DSC3493

_DSC3497

Léronnos os seus traballos…

_DSC3500

_DSC3507

E… o 1º Premio foi para… a clase de 5º de Educación Primaria!

_DSC3511

Non nos cabe a menor dúbida de que repetiremos esta experiencia, xa que non só gozaron dunha tarde divertida na Biblioteca, senón que tódolos mestres e máis eu recoñecemos que nos deixaron gratamente sorprendidos.

Parabéns a todos!

Deica pronto. Lémonos

LEO

martes, 26 de outubro de 2010

CARDENOS DE BITÁCORA

Xa están listas as novas aportacións aos Cadernos de Bitácora das mochilas viaxeiras.

Dende logo que estades a traballar e sobre todo dicides que o estades a pasar moi ben con elas, eso nótase!

Familia Pérez Durán (4º Infantil)

NICOLAS

Familia Amorín López (5º Infantil)

MARTÍN

MARTÍN I

Familia Dominguez Gabian (6º Infantil)

Dominguez Gabian

Familia Corbal Benitez (1º Primaria)

CORBAL BENITEZ

CORBAL BENITEZ I

Familia Moreira Suárez (2º Primaria)

MOREIRA SUAREZ

Familia Leins Amorín (3º Primaria)

ÁNGELA LEINS

Familia Bruña Pacheco (4º Primaria)

MARIA

Familia González Vidal (6º Primaria)

GABRIEL GONZÁLEZ

E por certo… eu vou tomando nota das vosas impresións para as próximas mochilas!

Lémonos.

LEO

martes, 19 de outubro de 2010

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O vindeiro 24 de outubro conmemoraremos o Día das Bibliotecas Escolares.

Dende a “Biblio do cole” queremos promover estas dúas actividades: “Decobiblio” e “Que é unha biblioteca para ti?”

Na primeira participará o alumnado de Infantil e Primeiro Ciclo, e consistirá na preparación especial dos recantos das clases dedicados á sección de aula da Biblioteca. Cada clase traballará na decoración, ambientación, coidado… deste espazo. Xa se están a ver cousas moi fermosas.

A segunda, pensada para 2º e 3º ciclo, é unha actividade de creación literaria na que poderán presentar contos, ilustracións, poesías, adiviñas… nas que nos amosen a súa visión do que é (ou debe ser) unha Biblioteca.

Xa vos contaremos máis cousas estes días.

Tamén vos deixo aquí o cartel que enviou a Asesoría de Bibliotecas escolares para o fomento das súas posibilidades.

A autora é Marina Seoane.

cartel_def_10 

Un saudiño, lémonos,

LEO

venres, 15 de outubro de 2010

OS PRIMEIROS CADERNOS DE BITÁCORA

E por fin... xa chegaron as miñas “patiñas” os primeiros cadernos de bitácora das mochilas viaxeiras.

Hai debuxos e reflexións moi xeitosas. Dende logo que esta iniciativa está a funcionar!

Mirade, mirade…

Comezamos polos pequenos de infantil:

Familia Doallo Alonso (4º Infantil)

miguel_doallo

Familia Cal Gómez (5º Infantil)

XIAN I XIAN II

Familia Adán Moreira (6º Infantil)

ALBERTO

E tamén os nenos de primaria fixeron as súas aportacións...

Familia Pérez Durán (1º Primaria)

CARLOTA

Familia Cerdeira Cortizo (2º Primaria)

ROMINA

Familia Vidal Durán (3º Primaria)

marcela

_DSC3269

Familia Blanco Paz (4º Primaria)

inma

Familia Fahlbusch (6º Primaria)

AISCHA

Lémonos.

LEO

xoves, 7 de outubro de 2010

NÓS NON SÓ LEMOS LIBROS… FACEMOS LIBROS!

Ídesme notar ben orgulloso dos nenos do cole nesta nova que vos quero achegar.

Xa vai un tempo, case 3 anos, que se achegou ao cole o escritor Carlos Rodríguez Dacal e propúxonos a aventura de escribir e crear ao redor do “Carballo de O Pelete”. Aínda que xa sei que esta árbore é moi coñecida, dicirvos que se trata dunha árbore senlleira de A Lama que dende xeracións pasadas alimenta lendas e festas que se chegaron ata os nosos días.

img003

Os nenos fixérono tan ben e esforzáronse tanto que ao final Carlos non foi quen de elixir e tódolos traballos foron publicados!

img004img005

Ademais temos grandes poetas e poetisas no cole!

Participamos no concurso “Érase un día unha poesía”. As poesías de Moisés Rodríguez, María Bruña, Nerea Francisco e Ainoa Casal, foron as elixidas!

img001

Non deixedes de lelas, son moi divertidas! Tamén tedes o libro na Biblioteca!

img002

img002b

Parabéns a todos!

Lémonos!

LEO