xoves, 29 de abril de 2010

A NOSA BIBLIOTECA

leonuevo_baja2

Despois de todo este tempo traballando na nova biblioteca, queremos que sexades dos primeiros en vela.

Velaí vos van unhas pouquiñas fotos que esperamos sexan do voso agrado.

Dentro duns días tentaremos de ir poñendo imaxes de todo o proceso, así como das distintas actividades que fomos realizando ao longo do ano.

 

_DSC0964

Estes andeis recollen parte dos libros de literatura infantil dos que dispoñemos. Ao fondo podemos observar tamén, documentos de outras materias: xeneralidades, ciencias, historia...

_DSC0940

Dispoñemos dun recanto para 4 ordenadores con conexión a internet. Os voluntarios da biblioteca son os encargados de organizar a súa utilización, e explicarlle as normas aos seus compañeiros. Un deles está conectado ao proxector de vídeo e emprégase a miúdo nas charlas que se acompañan de presentacións audiovisuais.

_DSC1989 

Aquí vos amosamos outra perspectiva da biblioteca. A verdade é que contar cun espazo amplo axuda moito á hora de levar a cabo as ideas que se nos van ocorrendo.

_DSC2131

O recanto informal de lectura é, ademais do máis empregado, o favorito dos nenos e nenas de Educación Infantil.

_DSC0942

Nesta foto podedes ver dende outro ángulo o recanto informal. Que non falten as lecturas favoritas dos nosos cativos!

_DSC1972

Aquí estou eu. Os profes quixeron que tivera un retrato na parede da "biblio", para que cando ande de viaxe, non se esquezan de min. Saín ben favorecido, eh?

_DSC0947

Para o cómic mercamos uns andeis ben chulos, con moitos debuxos e palabras escritas.

DSC_0517

_DSC1980

_DSC1997

Os voluntarios teñen unha tarxeta identificativa persoalizada, e firman nun rexistro a súa colaboración. En algún momento haberá que comezar a ter responsabilidades, non si?

Esperamos que vos gustara esta visita virtual, pero xa sabedes que si nos queredes vir ver a A Lama seredes ben recibidos. Tamén estamos abertos a tódalas suxestións que nos queirades facer a través dos comentarios deste blogue.

Un saudiño. Lémonos...

Leo

luns, 26 de abril de 2010

OLA A TOD@S!

O blogue da Biblioteca Escolar do CEIP "A Lama" comeza a súa andaina.

Despois dun ano con tanto traballo, e tantas novidades, por fin atopamos un oco para dedicarllo ás novas tecnoloxías, que a verdade, están moi ben.

Grazas a elas poderedes seguir as novas que vaian xurdindo, aproveitar os recursos que dispoñamos, facer achegas cos vosos comentarios…

Esperamos que o collades con cariño, e que vexades nesta ferramenta un xeito máis de facer “animación á lectura”.

Recibide un saudiño.

Lémonos,
LEO