mércores, 3 de novembro de 2010

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: A AUGA (2ª parte)

Aquí vos achego a segunda parte do post sobre o PDI que estamos a elaborar no cole.

Como ben sabedes o pasado mércores, 27 de outubro fomos de excursión a Ourense, para coñecer polo miúdo que era iso do termalismo. Esta saída está enmarcada entre as fases de motivación e procura de información do noso proxecto.

A continuación vos deixo un feixe de imaxes para ilustrar a nosa visita.

_DSC3520

_DSC3522

_DSC3523_DSC3519

_DSC3528

O primeiro que nos ensinaron foron as famosas Burgas de Ourense, onde a auga sae a moita temperatura. Había moita xente colléndoa para levala ás súas casas. (Seica lles vai moi ben para curar moitos “achaques”)

Mentres os maiores do cole camiñaron cara as Pozas de “Outariz”, os máis pequenos montamos no tren turístico, que nos levou nunha viaxe moi divertida.

_DSC3557

E ao chegar foto de grupo diante do tren que nos levou.

Non estaba permitido facer fotos abaixo nas pozas, pero aquí tendes un plano xeral para que saibades en que consiste. Tódolos días, os empregados de ASPANAS (que nos trataron de medo) se encargan do mantemento das instalación, que están coidadísimas. Collen auga do río, trátana, regulan a temperatura, cortan o céspede, limpan… Que ben traballan, e que ben no lo explicaron!!!

_DSC3572

_DSC3574

Santos, que é un gran amante de todo tipo de insectos, atopou unha Mantis Relixiosa.

_DSC3579

Para coller o autobús de regreso, tivemos que cruzar o río Miño por esta ponte peonil. Que fermosa vista.

_DSC3583

Andade atentos, que agora xa estamos na fase de procurar información, e de seguro que vos iremos avanzando os nosos descubrimentos.

Lémonos pronto,

LEO

8 comentarios:

Anónimo dixo...

Esta excursión foi xenial.Gustoume moitísimo e ademais encantoume que os maiores (a partir de 3º)nos puideramos bañar nas termas.
En resumen:¡¡¡FOI MARAVILLOSO!!!

Anónimo dixo...

La excursion me gusto mucho a pesar de que yo tubiera muletas fue una es cursion impresionante ¡no la olbidare nuncaaaaaaaaaaaaaa!

Anónimo dixo...

Las teramas eran super calentitas se estaba genial .Que bien se estaba jenial¡Ojala me quedara alli siempreeeeeeeee!

Anónimo dixo...

Coincido con vos,encantoume a excursión ás Termas de Ourense,foi unha viaxe longa pero divertida,no autobús paseimo de medo,os de 5º me facian rir,fumos as burgas(e seica hai un volcan debaixo de Ourense)ao chegar as termas quedamos alucinados,que paisaxe mais fermosa...Creo que estubimos 1 hora dentro das Termas,o mellor é que había unhas de auga quente e outras de auga fría.Para a volta estabamos cansados,pero aínda con forzas para seguir de chachara.
A metade do viaxe paramos nun restaurante(por si queriamos ir ao baño)Foi unha excursión que me gustou moito.Espero con ansias volver!!!

Anónimo dixo...

Gustoume moito a e foi moi divertida.No autobus paseimo moi ben porque Alex,Ivan e Ainoa estaban locos,¡ menos mal que eu e Inma estabamos un pouco tranquilas¡ un bico para todos os profes Sara

Anónimo dixo...

Hola!A excursión ás Termas foi xenial,no autobús os que iban detrás e os do lado de atras¡eran insoportables!No autobús tocoume con Sara e a Nerea con María pasomolo moi ben estubimos unha hora ou máis metidos nas termas,primeiro fixemos unha camiñata ata as Termas de Outariz,que ben o pasamos estuvimos a guerrear todo o tempo,a chapuzar,a salpicar...
Estuvimos na auga fría e na quente.
Un bico a tod@s os do cole!!
Os de 4º curso.

Anónimo dixo...

Yo en las termas lo pase muy bien pero yo no pude ir de la terma fria a la caliente y tampoco pude ir a la caminata. ¡ Fue fantastico!

Anónimo dixo...

Que paisaxe tan bonita tiñan as Termas,vistas ao rio Miño.Herba ben coidada,césped ben cortado...
Non podo describir con palabras o ben que o pasei alí,viaxe longa pero divertida.